Máis aló de que se trate de infravivendas legais ou non, Xosé Lois Martínez e Xosé Manuel Vázquez Mosquera son conscientes de que os prexudicados por este problema son os universitarios. A falla dunha residencia pública na que poder residir durante a carreira animou a que os veciños da Zapateira e Elviña construíran este tipo de inmobles para ofrecerlles aos alumnos.
-¿Cal será a principal consecuencia deste descubrimento?
-(X.?M.?V.?M.) Os estudantes aquí son as principais vítimas dunha situación e van a ser os máis prexudicados, porque ademais de vivir nunhas condicións negativas de habitabilidade, agora poden quedar na rúa a metade de curso.
-(X.?L.?M.) O que hai que acadar é axilizar os trámites para conseguir que a nova residencia universitaria arranque o antes posible. Hai case tres anos que comezamos a desenrolar este proxecto coa axuda da Consellería de Vivenda, pero os trámites administrativos retrasaron a execución do proxecto. O máis importante é que hai 20 millóns de euros enriba da mesa, e isto é moi importante nestes tempos de crise.