¡1 de julio, san Impuestín!

José Manuel Canedo Aguiar

CARBALLO

10 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

¡Uno de enero, uno de febrero, uno de marzo... Uno de julio san Impuestín!

Esta data impúxoa o Papa Talantedialogantino I para venerar aos impostos nosos de cada día. Con estas historias da imposición, lémbrome das películas ambientadas na Idade Media, onde os señores feudais masacraban a impostos aos súbditos. Pero aqueles impostos eran impostos por señores feudais, impostos. Mentres que estes impostos son impostos por un goberno elixido por nós. Elixido como un Robin Hood, que lle ía quitar aos ricos para darlle aos pobres. Pero como aos ricos non é capaz de quitarlle, pois quítalle aos pobres, para que sexamos máis pobres. Iso si, cunhas beirarrúas moi bonitas e cómodas, para que pidamos esmola. O noso Papa debería caer como froito maduro, pero xa está podre, e necesitamos unha empurrada do xefe do partido dos traballadores, un tal Mariano Rajoy, a ver se nos emociona cunha moción de censura empurradora. Menos mal que non fumo e aforro o gas do mecheiro, que tamén subiu un 8%.