A comisión a favor de Labarta Pose para as Letras reactiva o seu traballo

La Voz CARBALLO/LA VOZ.

PONTEVEDRA CIUDAD

20 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

No ano 2000, fai agora xusto unha década, a Real Academia Galega recibía un completo informe sobre Enrique Labarta Pose, no que constaban ademais os escritos de apoio de cincuenta concellos e entidades solicitando a súa designación como protagonista do Día das Letras Galegas.

Fora aquel o primeiro gran intento (máis ben, comunicación) de que os académicos recompensasen o labor de quen traballou moito, e ben, en todos os xéneros literarios. Da súa «incontinencia poética», en palabras de Xosé Manuel Varela, o seu maior estudoso, pasaba sen transición a escritos satíricos e xornalísticos (ou ambos) que trunfaron na Barcelona de principios de século, onde morrería en 1925 atropelado, coma Gaudí, por un tranvía.

Despois habería máis, e moitos actos da comisión reivindicando a súa valía. Aínda que se dá por feito que os académicos galegos coñécena, nunca estaba de máis lembrarlla e aportar directamente os datos básicos da súa vida e obra.

Dende o 2004, os movementos a favor de Labarta foron máis silenciosos, pero seguiron. incluso o ano pasado o Seminairo de Estudos Comarcais, a petición da comisión (latente, nunca deixou de funcionar) deulles algún recado amable, recordatorio.

A entidade, da que Jorge Mira é voceiro, retoma a súa actividade. Precisamente para esta semana está previsto o envío a algún académico dun informe sobe Labarta. Xa se viña falando, pero foi decidido na tertulia (na falada en público e nos momentos anteriores e posteriores) celebrada o luns pola mañán na sé da Fundación Eduardo Pondal de O Couto, nun programa especial de Radio Voz Bergantiños. Alí coincidieron o propio Mira; Ricardo Vigueret, de Badius; Carlos Domínguez, de Adro; Antonio Díaz Amor, da coral Xan Mella; o escritor Xosé María Rei Lema (adiantou a sú vindeira publicación sobre José Collazo, outro autor baiés do que pouco se coñece, que foi membro da directiva do ABC de Corcubión), e Xosé Manuel Varela.

Todos -uns máis ca outros- salientaron os méritos do autor de Millo miúdo ou o Bálsamo de Fierabrás, e no que tamén se inspirou Pérez Lugín para un dos personaxes de La Casa de la Troya , e coincidiron en que sería un acto de xustiza que Labarta recibise a distinción. Ten en contra, tal vez, certos tipos de intereses e dinámicas.

Labarta, que viviu varios en Pontevedra, ademais de en Barcelona, si que é lembrado en Baio. A primeira asociación cultural dende a Transición, levaba o seu nome, posto por José Rojo Valiña, un dos seus grandes valedores, que escolleu para a coral o nome dun dos seus personaxes, o «probe gaiteiro» Xan Mella, igual que unha praza da que agora queda a metade. O colexio tamén se chama así, e a entidade veciñal Tabeirón tamén vén dunha obra súa.