pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Entrevista | SANTI ROMAY ACTOR «Xa se rachou a barreira para os actores galegos en Madrid»

O intérprete traballa en novos proxectos, pero sen esquecer a súa vila natal, xa que colabora na organización do Nordestazo

Autor:
Á. Palmou
Fecha de publicación:

O teatro e a televisión son dous dos escenarios nos que Santi Romay (Malpica, 1983) se desenvolve con máis asiduidade, pero entre os obxectivos deste inquedo actor figuran tamén o cine e mesmo unha nova faceta coma organizador de festivais musicais.

-¿En que anda agora Santi Romay?

-Estou rematando coa compañía Teatro do Andamio as representacións de Pingueiras e Tarteiras e no verán teño previsto empezar un novo espectáculo producido polo FIOT e Excéntricas Producciones, que estará dirixido por Quico Cadaval, co que xa traballei no sector audiovisual.

-E creo que tamén está preparando un festival musical.

-Así é. Estamos organizando, na asociación A Tralla, o próximo Nordestazo Rock, que será en xullo e celebra este ano a súa segunda edición, e que terá unha programación moi interesante: Novidades Carmiña, Niños Velcro, Riff Raff, Os Jalochos e, de cabeza de cartel, We are Standard, que acaban de estar no Festival do Norte, en Vilagarcía. Ademais, haberá moitas outras actividades durante o día.

-¿Como xurdiu está faceta de promotor musical?

-A música é algo que me gustou de sempre. De feito tiven un grupo, Gandalf, no que tocaba a batería. É unha especie de vocación frustrada, así que se non podo tocar, polo menos vou organizar.

-E tampouco quere afastarse moito de Malpica.

-Por razóns de traballo vivo na Coruña, pero sigo moi ligado á vila de Malpica, porque alí viven a miña familia e os meus amigos da infancia, así que vou sempre que podo.

-¿As artes escénicas seguen nesa crise na que sempre se di que están?

-Máis que nunca, porque economicamente houbo moitos recortes, tanto en cultura coma no audiovisual, pero seguimos traballando para saír adiante.

-Aínda así, semella que o audiovisual galego está en racha, con producións galegas triunfando nos cines, Luis Tosar nos Goya...

-Si, hai un certo contraste, porque produtoras como Vaca Films están arrasando e temos a Luis Tosar, a Martiño Rivas ou a María Castro triunfando en Madrid.

-¿Rompeuse un teito para os actores galegos?

-Aquí sempre houbo moi bo nivel, así que máis tarde ou máis cedo isto tiña que pasar. Pode ser que ata fai pouco en Madrid houbese un pouco de prexuízo cara aos actores galegos polo acento, tal como me contaba Carlos Blanco, o cal non tiña ningún sentido porque, por exemplo, os cataláns traballaban sen problemas, pero creo que xa se rachou esa barreira.

-Volvendo a Tosar, ¿contaba que chegaría a onde está cando compartía plató con el en «Mareas Vivas»?

-Daquela eu tiña 13 años e tiven a sorte de criarme non só con Luis Tosar, senón coa mellor canteira de actores de Galicia. Con eles crecín tanto profesional coma persoalmente e, sinceramente, non cría que chegaría ata onde está, pero si que o merece.

-Tamén traballou nesa serie con Tuto Vázquez, que faleceu esta semana.

-A súa morte foi un golpe para todos os que traballamos con el. Eu era moi cativo cando empecei na serie e tiña moitos medos e todo se me facía moi grande, pero el foi unha das persoas que máis me axudou a superar a timidez. Doume a súa confianza, axudoume a ser máis espontáneo e foi coma un avó para min.

-Agora combina teatro, televisión, monólogos... ¿Non queda outra que ser polivalente?

-O mundo da interpretación ten diversas facetas e cada unha ten as súas propias técnicas. Hai actores que destacan máis nunha e outros que son polivalentes, pero moi poucos poden elixir. Hai que aceptar o que che ofrecen.

-¿Pero vostede que faceta prefire?

-Eu nacín no teatro e, aínda que economicamente non é o mellor, gústame moito. Pero teño tamén unha espiña cravada co cine e gustaríame ter máis oportunidades nese eido.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | SANTI ROMAY «Xa se rachou a barreira para os actores galegos en Madrid»

O intérprete traballa en novos proxectos, pero sen esquecer a súa vila natal, xa que colabora na organización do Nordestazo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Xa se rachou a barreira para os actores galegos en Madrid»
Santi Romay -onte, nas escaleiras do porto de Malpica-, aproveita calquera oportunidade para achegarse ata a súa vila natal
Autor de la imagen: | ANA GARCÍA
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.