Ricardo Facal Castiñeira (Laxe 1956), ademais de dirixir a asociación de minusválidos O Peñón, é o presidente da comisión de festas que organiza a presentación de orquestras de Laxe, que se ía facer este serán pero quedou aprazada, en principio, para o vindeiro 16 de abril
-¿Quen e onde vai actuar?
-As orquestras Tango, Alcotán e Lamas, que van presentar a nova tempada na praza do Voluntariado.
-¿Como elixiron estas datas?
-Porque neste tempo os músicos están libres e resulta barato traelos. Máis cara adiante xa sae bastante máis caro.
-¿Que teñen preparado ademais da música?
-Vai haber tres cantinas, ademais da nosa. Tamén chamaron os das patacas fritidas porque querían vir, pero estivemos pendentes do tempo ata a última hora. Xa tiñamos todo pedido para montar as cousas mañá [por hoxe]. Ao final decidimos suspender a festa porque aínda que poñamos unha carpa, se fai moito vento non se pode facer. Non temos a nova data confirmada pero pensamos no vindeiro 16 de abril.
-¿Xa organizou outras festas?
-Si. Estiven na comisión das patronais do ano pasado, pero non son eu só, somos seis persoas e colaboramos todos.
-¿Como foi a experiencia?
-Dan moito choio e acabas reventado, pero saíu todo ben e cando a xente queda contenta esquéceste do traballo que dá a festa.