A concentración de barcos tradicionais no porto de Muros foi o máis vistoso do encontro, xa que á enseada arribaron embarcacións de distinto porte, orixe e características. O izado ou o arriado da velame, especialmente nas saídas ou recaladas no porto, foi todo un espectáculo. Sen embargo, non acadaron menos expectación os actos culturais desenvolvidos, especialmente os concertos ofrecidos no Curro da Praza. Así, se a presenza de Treixadura xa abarrotou a praza do Concello, cando a xente toleou coa música autóctona foi cando Susana Seivane subiu ao escenario para interpretar tanto pezas tradicionais como as creacións que figuran no seu derradeiro disco.
A grandeza desta gaiteira non só se amosa nas súas interpretacións, senón tamén na súa humanidade. Así, e sabendo do prestixio que está a acadar o grupo local Ximiela, tivo a ben invitar aos seus gaiteiros para que compartisen con ela o escenario, ofrecendo conxuntamente un maxistral remate musical da festa.
Unha fundación
Tamén a presentación da Fundación Crebinsky, creada por Miguel de Lira, e o visionado la longametraxe do mesmo nome, abarrotou a sala de proxección. A interpretación poética de Eva Veiga e o grupo Ouriol, foi un acto más selectivo, pero digno dun grande auditorio e cheo de atractivo.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios