«Nos últimos anos o coro medrou en cantidade, pero tamén en calidade»

Luisa Gutiérrez

CARBALLO

07 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Os membros da coral Xan Mella desprazaranse esta fin de semana ata Xixón para participar nun festival polifónico na capital asturiana. O presidente da agrupación, Antonio Díaz Amor (44 anos) di que o coro, que dirixe Tatiana Pankratova, está no mellor momento da súa historia.

-¿Como foi este ano?

-A verdade é que o coro non para de moverse. A pasada fin de semana estiveron en Valdeorras e esta participan nun festival polifónico en Xixón. O 6 de xuño estaremos no Forum Metropolitano da Coruña e o 7 cantamos na misa da Milagrosa de Lamas e o 13 na do Corpus. Esa noite faremos a cea de confraternidade do coro.

-Fala con orgullo da agrupación.

-Estamos nun dos mellores momentos do coro. Nos últimos anos medrou en cantidade (estamos xa nos 38 compoñentes), pero tamén en calidade. Isto débese tanto ao esforzo da directora como dos coralistas, que non faltan aos ensaios. Están moi implicados no grupo, nese sentido somos como unha gran familia.

-¿Como organizan as viaxes?

-Intentamos que os membros do coro non teñan que pagar cando nos desprazamos. As viaxes son intercambios polifónicos, nos que facemos amizade con outros coros, pero tamén convivimos como grupo. Pasámolo moi ben e tamén aproveitamos para facer turismo e coñecer un pouco os lugares aos que imos cantar.