pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.carballo
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira

Fecha de publicación:

Dende que a primeiros de abril tivese o primeiro contacto cos membros da xunta de Corcubión, o buque militar inglés Endymion foi fondeado entre Sardiñeiro e Fisterra. As súas lanchas auxiliares, de gran capacidade, eran usadas para desprazar aos oficiais ás reunións coa xunta en Corcubión ou para traer diferente material a empregar na defensa da vila.

O capitán da Endymion sempre foi reacio a meter un buque da súa envergadura na propia ría a altura de Corcubión polo perigo que isto podía supoñer para o barco: o terreo era alto e pelado por todas partes, de xeito que as tropas facilmente poderían estar formadas moi preto do barco, sen por iso expoñerse ós disparos?

A isto hai que engadirlle o castelo do Cardeal que, aínda sen os tres canóns que lle sacaran para a primeira defensa, seguía contando con suficientes baterías coas que derribar ou, polo menos, causar importantes danos en calquera barco.

Por iso, temendo que dende terra non se lle puidese facer fronte aos franceses e que estes dende o propio castelo puidesen torpedear á Endymion , os ingleses inutilizaron os seus canóns tirándoos ao mar.

Unha vez feito e ante as peticións dende Corcubión de achegar o buque o máis próximo á vila para dar seguridade a unha poboación desanimada, a Endymion entra na ría na tarde do 17 de abril. Os franceses, tan pronto se enteraron desta nova situación, organizáronse axiña co obxectivo de facerse co barco, algo que podían conseguir realmente dada a nova ubicación do mesmo.

Ponte Olveira

Na noite do 20 de abril xa están en Ponte Olveira preparándose para entrar en Cee e Corcubión nas primeiras horas do 21. A defensa das vilas non foi posible, xa que as milicias non estaban aínda reorganizadas así que, vendo a superioridade do inimigo, a única saída volveu a ser a fuxida, tanto da poboación civil como do único grupo armado, esta vez ao mando de Lapido e Bolufer, oficial de artillería chegado desde A Coruña facía poucos días.

A única defensa volve a correr a cargo das lanchas canoneiras pero con escaso resultado. A Endymion decide replegarse tan pronto suceden os primeiros disparos, e logra poñerse a salvo a pesar dos desesperados intentos das tropas francesas por darlle alcance.

Non podendo conseguir o seu obxectivo e coa poboación fuxida na súa maior parte, acabaron incendiando as igrexas das dúas vilas que se perderon definitivamente, así como casas e outras edificacións.

Desde o punto de vista artístico e patrimonial perdemos dúas igrexas medievais, dentro da tipoloxía do gótico mariñeiro, e que no caso de Cee contaba cun retablo feito polo mestre Domingo Antonio de Andrade. Do mesmo xeito perdéronse tallas de gran valor histórico e artístico, entre elas a da Virxe da Xunqueira, en Cee.

No tocante á poboación hai que lamentar a perda de cinco persoas en Cee, entre elas un coruñés enviado polo arcediano de Trastamara para facer un prorrateo -inventario- e tres en Corcubión.

Nas partidas de defunción, o párroco ceense deixa constancia do grao de destrución da igrexa ata o punto de ter que enterrar aos falecidos nesta segunda incursión no atrio parroquial, ao non poderse facer no interior.

Os membros da xunta, temerosos de represalias por parte dos veciños, fuxiron na Endymion a Vigo durante uns meses ata que os ánimos se calmaron.

Así rematou

Así rematou o levantamento contra os franceses. Por desgraza, aquí o que houbo, máis que outra cousa, foron dúas expedicións de castigo pola constitución dunha alarma , que non contando con apoio militar oficial, estaba condenada ao fracaso dende un principio.

As consecuencias máis graves foron para os de sempre: a poboación civil que, indefensa, quedou sometida ós abusos de todo tipo das tropas francesas.

 

ENVIAR NOTICIA  

A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira
Imaxe da antiga Virxe da Xunqueira queimada polos franceses
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.carballo
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.carballo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.