«Teño a ilusión de superar en Carballo o listón dos 4.000 votos»

La Voz

CARBALLO

23 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

«Forza» é a palabra clave da mensaxe que o BNG está a transmitir nesta campaña. -¿Cales son as expectativas? -Eu teño a ilusión de lograr en Carballo os mellores resultados dunhas eleccións xerais, de superar o listón dos 4.000 votos, que nos colocarían nos resultados que algúns partidos, por exemplo o PP, tiveron nas pasadas eleccións municipais. Eu creo que é un esforzo que temos que conseguir e creo que é perfectamente posible. -¿E a nivel galego? -É evidente, ou polo menos así o apuntan os datos demoscópicos, que ningún grupo político vai ter maioría absoluta. Polo tanto, nós aspiramos a ser determinantes á hora da gobernabilidade do Estado. E se en Carballo somos quen de acadar o mellor resultado da historia nunhas eleccións xerais, e espero ser capaz de conseguilo, iso non é un fenómeno illado, senón que é porque no resto do país vai haber uns bos resultados. Sen dúbida, vanse mellorar os das pasadas eleccións xerais e determinará o poder político de Galicia o número de deputados que teñamos.