Ademais de exercer como presidente da Asociación Cultural Barbantia, Xesús Laíño é profesor titular de Lingua e Literatura Galega e imparte a optativa de Literatura Universal para os alumnos de segundo de bacharelato no instituto Leliadoura de Frións, en Ribeira.
-Como profesor, ¿está de acordo cas medidas tomadas para reducir gastos?
-No ensino querer facer máis con menos é demagoxia. Por exemplo, ¿se reducen os mestres de música para que fan palacios da ópera?. A cultura constrúese dende abaixo, empeza no ensino. O único que fan son experimentos que favorecen aos centros concertados.
-Entón, ¿está a favor das mobilizacións?
-Esperanza Aguirre dixo que non entendía porque facemos folga agora, se non a fixemos cando nos recortaron os soldos. Agora, o que nós reclamamos é calidade no ensino para que non o desmantelen. A nós, cada vez que imos á folga, quítannos un tanto do noso soldo. O que non pode ser é que paguen a crise os máis débiles.
-Observando a crise económica, ¿como ve a situación de Barbantia?
-Esperamos seguir coa actividade que estamos desenvolvendo ata agora, polo menos intentarémolo. Aínda que cando hai crise os recortes sempre se fan na cultura e na educación porque é máis fácil recortar nestas materias que noutras.
-¿Por que colabora co que, supostamente, vulnera os seus principios?
-Esperando o mellor non se pode deixar de facer o bo. Hai que procurar non facer cousas indignas. O mal ten grados moi claros. Sen embargo, o que está ben, está ben. Dentro de algo bo pode estar mellor ou ben pero é correcto.