pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

crónica Mar e cultura na Pobra

Numerosas persoas achegáronse á casa de Raquel Fernández Soler para asistir á presentación do libro «Tiempos de Vela», obra de Ramiro Villoch

Autor:
María López |
Localidad:
ribeira/la voz.
Fecha de publicación:

O pasado luns, o médico de cabeceira pobrense Ramiro Villoch, descendente directo dunha das familias de emprendedores cataláns da industria da salgadura, presentou na casa da cultura da Pobra a súa obra Tiempos de Vela , libro que fala sobre o mundo do mar e os mariñeiros no municipio, así coma do despegue industrial da bisbarra a partir do desenvolvemento da industria relacionada coa conservación dos produtos pesqueiros.

Á esta cita literaria acudiron numerosas autoridades, entre as que se encontraban o alcalde, Isaac Maceiras, e parte da corporación local, o mandatario de Lousame, Santiago Freire Abeijón, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda.

Os asistentes subliñaron a importancia dunha obra, froito dunha investigación de máis de dez anos. Así mesmo, coincidiron en que a publicación é un libro con indubidable valor histórico e antropolóxico, segundo palabras textuais do presidente da Deputación. Moreda dixo que a obra recupera documentos e testemuñas de gran valor, con risco a perderse no olvido se ninguén fixera o esforzo de conservalos.

Palabras de felicitación e agradecemento por un traballo ben feito foron a tónica da xornada. Entre elas destacan as de Salvador Fernández Moreda, quen describiu Tempos de Vela como unha obra que serve para que as vindeiras xeracións descubran e coñezan as orixes mariñeiras dun pobo como o da Pobra, cuxa historia sempre estivo vencellada ao mar.

Multide de pobrenses foron os que acompañaron a Villoch durante a presentación. Este feito fai referencia, segundo afirmou Isaac Maceiras, ao cariño acumulado por parte dos veciños ao seu antigo médico de cabeceira, home que dedicou a súa vida ao servizo do pobo e quen grazas á publicación de Tempos de Vela , será recordado polas xeracións vindeiras.

Empresarios

No acto tamén estiveron descendentes de empresarios das industrias da salgadura e a conserva. Moitos deles viñan dende localidades coma Valladolid ou Madrid, feito que condicionou que as intervencións foran realizadas en castelán.

Entre as palabras de Ramiro Villoch destacaron as de agradecemento a tódolos asistentes; á Deputación da Coruña, entidade clave que posibilitou que a publicación do libro; así coma a todos os que ofreceron axuda técnica e consello.

A única anécdota foi que os asistentes non puideron recoller unha copia de Tiempos de Vela debido ao esquecemento, por parte do presidente da Deputación coruñesa, das caixas de libros encargadas, feito polo que se pediu desculpas en reiteradas ocasións ao público probense alí presente.

Este problemiña tivo rápida solución posto que dende a xornada de onte, todo aquel que queira pode achegarse á casa da cultura Raquel Fernández Soler para recoller unha copia do exemplar e deleitarse coa súa lectura.

 

ENVIAR NOTICIA  

crónica Mar e cultura na Pobra

Numerosas persoas achegáronse á casa de Raquel Fernández Soler para asistir á presentación do libro «Tiempos de Vela», obra de Ramiro Villoch

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Maceiras, Villoch, Moreda, Rey e Pérez durante o acto no que se deu a coñecer o volume
Autor de la imagen: | FOTOS: C. QUEIJEIRO
A cita congregou a numeroso público interesado en coñecer a obra
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.