Un poeta nado no Xobre e esquecido na súa vila

Pastor Rodríguez

BARBANZA

29 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Nado en 1900, na parroquia do Xobre, na Pobra do Caramiñal, este poeta fillo do mestre Antonio Guillán Pazos, exerceu durante longo tempo a docencia na cidade de Pontevedra, onde faleceu en 1985. Publicou o seu primeiro poemario Xuncos en 1979, obra de autor saída do prelo en Vigo que está dividida en catro partes, dedicada a segunda delas á Epopeia de América, a terceira parte contén As catro caras do ano e a cuarta está escrita en lingua castelá, malia levar o título en galego: Máis alá do Quereño. En 1984, Edicións do Cerne publica en Santiago o volume O libro dos soños , poemario de linguaxe sinxela e ton narrativo, cun prólogo de Carlos García Bayón, titulado Limiar desde la Barbanza, e con colaboracións de pintores galegos de renome como Pesqueira, Maside, Aramburu ou Manuel Torres. Este poeta pobrense colaborou, ademais, en revistas madrileñas como Mundo gallego, con poemas como Gaita galega, en 1974.