pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Entrevista «Os de Ourense sómosche tan festeiros polo licor café»

A piques de sacar novo disco, Guezos, o grupo referente da mestizaxe musical, actúa mañá en directo no Con do Moucho

David Quintas Guitarrista de Guezos

Autor:
C. Crespo
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

? Fundáronse en 1999, daquela como un grupo de música tradicional. A súa proposta foi derivando cara novos camiños máis relacionados coa mestizaxe sonora e cunha clara compoñente festiva. Unha liña que quedará definitivamente plasmada en pouco máis dun mes no novo disco do grupo, o terceiro. Un traballo no que se mesturan todo tipo de influencias e no que colaboraron artistas como Xabier Díaz de Berrogüetto, a rapeira viguesa Aid ou compoñentes de Lamatumbá como Sergio Zearreta, Iván Varela e Ángel Gafas. Mañá no Con do Moucho, na Illa, adiantan en directo o que será ese Histérico latexo.

-Un título suxerinte. De onde sae?

-Buscabamos algo que, ademais de ter sonoridade, transmitira paixón. A paixón coa que creamos este disco. E xurdiu esta expresión que citamos nun dos temas. Efectivamente, pareceunos suxerinte e moi visual.

-Din que a súa música é inclasificable pola variedade de estilos que poden chegar a tocar.

-Si, nun concerto noso podes encontrar dende un reggae, a un riff de guitarra de hard rock, pasando por un bolero, unha bossa nova e, por suposto, sen esquecernos dos ritmos latinos ou incluso a rumba. Gústanos a música en xeral. Que lle imos facer! E ademais somos moi prolíficos.

-E moi gamberros?

-Iso non se pode perder nunca. De feito, por iso volvemos á Illa. No concerto que demos hai un ano pasámolo realmente ben e tratáronnos aínda mellor.

-Que pasa en Ourense que hai tantos grupos festeiros?

-A xente di que é polo licor café (rise). Debe ser porque como non temos mar e fai moito frío temos que buscar o calor doutro xeito.

-No disco participan varios membros de Lamatumbá. Son o seu referente?

-Son grandes amigos. De feito compartimos local de ensaio con eles. E, si, inspírannos cousas pero en canto a referentes musicais, temos outros.

-Son sete compoñentes no grupo, pero aínda non lles chega, que ten que buscar colaboracións?

-Estamos explorando moito con músicas distintas. Daí que xurdira a posibilidade de traballar con artistas que van do hip hop ao folk. Para nós é un auténtico luxo.

-Queda algo en Guezos daquel grupo de música tradicional que eran hai dez anos?

-En Guezos queda moito de todo. Pero si, neste disco incluso recuperamos un dos primeiros temas do grupo, o que canta Xabier Díaz, que soa moito a todo aquilo.

-Pódese chegar a saír fóra de Galicia cunha proposta deste tipo?

-Nós algo fixemos, pero non é o noso obxectivo. E menos nestes tempos. Onde si podemos ter un mercado interesante é en Portugal.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista «Os de Ourense sómosche tan festeiros polo licor café»

A piques de sacar novo disco, Guezos, o grupo referente da mestizaxe musical, actúa mañá en directo no Con do Moucho

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Os de Ourense sómosche tan festeiros polo licor café»
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.