pub
LVDG_PUBLICIDAD:megabanner:edi.arousa
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.arousa
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

crónica Galego en todas as súas feituras

O presente e o futuro da lingua e unha achega gastronómica trunfan en Arousa

Autor:
Begoña Paso
Fecha de publicación:

Vilagarcía, Cambados e O Grove sumáronse, onte, a un feixe de vilas e cidades espalladas polo mundo enteiro, de Gondomar a Bruxelas e de Santiago a Madison (Wisconsin) na presentación simultánea de 55 mentiras sobre a lingua galega, un pequeno tratado que, editado por Laiovento en colaboración co colectivo Prolingua, desfai unha chea de tópicos e falsidades encol do idioma propio de Galicia nun momento no que, precisamente, se está a debater o seu futuro nun eido tan fundamental como é o da educación. Polo que respecta á capital arousá, a sala de conferencias do auditorio viuse ateigada nun acto ameno e distinto, que contou coa proxección dun documental dirixido por Xavier Marqués. O traballo, desenvolvido na propia Vilagarcía, propón aos entrevistados cuestións abertamente absurdas sobre elementos como a bandeira galega, o himno ou a letra da Rianxeira , procurando unha resposta por parte dos protagonistas que en algunhas ocasións chega a ser contraditoria a tope. Presentaron o acto Cruz López, Héctor Silveiro e Carlos Blanco, membros de Prolingua, así como Xan Guillén que fixo as honras polo que respecta ao libro.

Sete mentireiros, sete

Consistía o asunto en escoitar a sete mentireiros escollidos: a escritora Susana Sánchez Aríns, co seu interesante concepto sobre os neofalantes; Vítor, un mariscador de A Illa que deu toda unha agarimosa lección de toponimia e linguaxe práctica aplicada ao mar; o creador Xaquín Chaves, que reflexionou encol do papel de medios de comunicación e ensino; Raio, un dos integrantes da factoría de camisolas Caramuxo, que argumentou con tino que somos galego, queirámolo ou non; Pedro Montero, físico oceanográfico ao que o galego lle abriu amplas portas comunicativas en Portugal; Andrés, propietario da cafetería La Marina e o pub Musaraña, quen botou por terra todas as parvadas sobre as supostas eivas que falar galego provoca aos rapaces; e Serxio González, xornalista desta casa que falou de todo un pouco, mesmo de Gran Hermano e do convinte que resulta que o falar galego non engorde nin suba o colesterol.

Música de primeira

Mención aparte merecen os rapaces de Borderline 79, que se atreveron con tres pezas: Lela , con letra de Castelao; Miña terra galega e sobre todo Lingua proletaria , o poema de Celso Emilio que eles mesmos musicaron de xeito excelente. Horas antes, o Concello entregaba os premios do certame gráfico pola normalización lingüística aberto aos institutos da bisbarra. O mundo en galego , de María Arroyo Martínez (2º da ESO, Castro Alobre), No mundo en galego , de Jina Marcela Pinzón (Castro Alobre), En galego, de Alfonso Silva (Miguel A. González), Galego, sóprallo ao mundo , de Andrea Vidal (Monte da Vila), Nomes de linguas, de Gabriel Fernández Lois (Monte da Vila) e O mundo que importa é o teu , de Emilia Portas (Ramón Cabanillas) foron os galardoados.

O mellor prato, no Hotel Carril

Nada mellor para un galego que falar e falar na mesa. Unha proposta que se inaugurou onte e poderá degustarse todos os venres deste mes e por encarga: o cocido do restaurante Plácido, no Hotel Carril. Sopa, cachucha, costela, touciño, lacón, chourizos, grelos e garavanzos, filloas salgadas e recheas de crema e chocolate, viño e licores. Só 28 euros que abren o apetito.

 

ENVIAR NOTICIA  

crónica Galego en todas as súas feituras

O presente e o futuro da lingua e unha achega gastronómica trunfan en Arousa

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Galego en todas as súas feituras
Algúns dos «mentireiros» que onte ateigaron a sala de conferencias do auditorio de Vilagarcía
Autor de la imagen: | MÓNICA IRAGO
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.arousa
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.arousa
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.arousa
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.