pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.arousa
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Membro da executiva nacional da CIG-Ensino e secretario xeral da CIG-Ensino Salnés Pronunciamento da CIG-Ensino sobre a aula estábel para atención ao autismo na Lomba

Autor:
? Duarte Correa Piñeiro Xabier Rodríguez Paz ?
Fecha de publicación:

A dicir verdade, este sindicato, durante todo este tempo, estivo realizando un seguimento pormenorizado do tema, tomando como premisa a discreción. Unha discreción que nos parece imprescindíbel cando se trata de movernos nun mundo tan delicado como é o da atención a cativos con necesidades educativas especiais.

Dentro desa discreción á que nos referimos fómonos entrevistando con todas e cada unha das partes afectadas: Administración, Asociación Por Dereito, Fundación Autismo BATA e, como non podía ser menos, co equipo directivo e profesorado do CEIP A Lomba; así como cos colectivos de docentes que se opuñan á xestión desa aula por unha entidade privada, mesmo que esta se declare non lucrativa e teña un recoñecido prestixio no eido do autismo.

Tendo como temos unha idea clara da defensa do ensino público de calidade, tería sido unha insensatez boicotear co curso comezado o desenvolvemento da devandita aula, dado que ademais a Administración comprometeuse coa CIG-ENSINO en Outubro de 2008 a que aquela se mantería con profesorado do ensino público a partir do curso no que agora estamos. Mesmo así, deixámoslles claro a todas as partes que nos parecía un erro ese modelo de xestión privada, marcado pola falta de transparencia e de cobertura legal, e ofrecémonos a suxerir outras vías de colaboración, que poderían pasar por que BATA intensificase a impartición de cursos a través dos CEFORE, a aporte de recursos pedagóxicos ou unha colaboración máis estreita e coordinada entre esa entidade e centros de ensino que acollían ao alumnado autista.

No presente curso escolar a Administración educativa decidiu, correctamente para nós, dotar esa aula de persoal do sistema público de ensino, persoal que está totalmente capacitado, con coñecementos e experiencia para atender ás necesidades específicas da aula, respondendo así ao posicionamento do claustro de profesorado do CEIP A Lomba de mantemento da aula estábel pero atendida por persoal capacitado do ensino público. Este persoal compóñeno unha docente perfectamente cualificada e un coidador que é, ademais, titulado en Maxisterio pola especialidade de Pedagoxía Terapeútica, habendo outros dous coidadores que colaboran nos períodos de recreo e de comedor.

Tendo en conta o preocupante camiño que está tomando este tema non podemos permitir que se estean a sementar dúbidas sobre a profesionalidade e competencia da profesora encargada da aula. É, por tanto, que non entendemos a ambigüidade das recentes manifestacións da ANPA.

Diante disto nós preguntámonos por que agora se airean dúbidas sobre a idoneidade da profesora encargada da aula e, pola contra, nunca se cuestionou a experiencia de quen o facían no pasado curso. Mesmo, e nisto debemos facer fincapé, cando ela se ten comprometido a seguir a liña metodolóxica aplicada anteriormente co fin de que o alumnado non sufra cambios.

Consideramos acertada a medida cautelar adoptada pola Inspección de suspender temporalmente as entrevistas entre pais e docente dado que nos primeiros días de curso esta veuse realmente acosada nalgúns momentos, e que calquera información da evolución do alumnado sexa a través dos seus titores.

Diante desta situación gustaríanos, que por parte da dirección do centro se defendese publicamente o labor que están a realizar todos e cada un dos profesionais que nel desenvolven o seu labor docente ou asistencial, en especial esta compañeira.

Solicitamos que dunha vez por todas remate este conflito artificial, conflito que tivo como responsábel a actuación á lixeira, supoñemos que non mal intencionada, da anterior Consellería de Educación, que no seu momento, e diante dunha necesidade de dar un servizo educativo, non foi quen de proceder a unha análise axeitada da situación.

Para rematar, e recoñecendo o meritorio e prestixioso labor que realizan as entidades privadas de atención a persoas con necesidades educativas especiais, entre as que destaca BATA, queremos sinalar que é un erro querer desviar a atención falando de supostos corporativismos ou posicionamentos anticuados; dado que só un servizo público, a pesar das súas imperfeccións, é quen pode garantir a universalización da atención a toda a sociedade, sen ter en conta a súa capacidade económica nin a súa ubicación xeográfica.

 

ENVIAR NOTICIA  

Pronunciamento da CIG-Ensino sobre a aula estábel para atención ao autismo na Lomba

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.arousa
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.arousa
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.arousa
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.