18 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
O presidente do Céltiga, Manuel Dios, Martiñán , anunciou onte a renovación de José Rodríguez Casais, Cardeñosa , co equipo illense para a vindeira tempada. Con este acordo, o defensa da Póboa do Caramiñal cumprirá a súa segunda campaña no Salvador Otero, a onde chegou o pasado verán da man de Josiño Abalde procedente do Rápido de Bouzas vigués.
Con Cardeñosa, xa son tres os futbolistas renovados pola directiva de Martiñán, despois de que esta chegase a sendas ententes cos canteiráns Beni e Manuel a comezos da semana.