O Xuíz de Competición sanciona cun partido a Josiño pola súa expulsión na Lomba

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

Un partido de suspensión. Este é o castigo que o Xuíz Único de Competición e de Disciplina da Terceira División vén de impoñerlle ao adestrador do Céltiga, Josiño Abalde, pola súa expulsión o pasado sábado no campo da Lomba. Unha expulsión que obedece ás «actitudes injuriosas o de menosprecio» cos que Josiño se dirixíu ao colexiado do encontro, o vigués Extramadura Hernández.

Os acordos do Xuíz Único confirman a suspensión dos tamén expulsados Manuel e Óscar Blanco, e de Beni, por acumulación de tarxetas.

Terceira Autonómica

Noutra orde de cousas, o Subcomité de Competición da Delegación de Pontevedra estimou a reclamación por aliñación indebida do Verducido contra o Atlético San Miguel no partido do 4 de xaneiro, dándolle o encontro por gañado ao primeiro por 3-0. Pola contra, non aceptou a do Chispa contra o Salnés no choque do 11 de xaneiro.