Dous golpes de castigo executados por Chami zanxaron o duelo co Coreti Lalín tras chegarse ao descanso 8-7
Curta, pero igualmente efectiva foi a victoria dos Ingleses o pasado domingo sobre o aínda líder do Grupo A da Primeira Nacional de rugbi. O conxunto vilagarcián impúxose 14-10 ao Coreti Lalín, nun encontro que, como reflicte o marcador, estivo marcado pola alta intensidade do xogo de ambos bandos.
Os Ingleses aproveitaron a súa mellor saída ao campo para irse ao descanso 8-7 arriba co seu rival máis empeñado por momentos en facer a guerra cos colexiados que co propio equipo local. Chami adiantou no minuto 10 os vilagarciáns cun golpe de castigo, e Biris devolvía o control do electrónico para as filas arousás no 25, cun ensaio mais transformación do Coreti Lalín polo medio.
Na segunda metade, máis do mesmo. Os Ingleses manexábanse mellor no xogo dinámico, co cadro dezao tentando forzar accións en estático, onde o xogo se nivelaba. Dous golpes de castigo de Chami puxeron o 14-7, pero a falta de 10 minutos o Lalín recurtaba diferencias da mesma maneira: 14-10.
Os visitantes botaron entón o resto, e achucharon o Os Ingleses na procura dun ensaio que lle dese a volta ao resultado. Os homes de Raúl Varela conseguiron nembargante resistir as embestidas rivais e sumar os puntos en lid.
Xogaron polos Ingleses: Diego, Lema (Luis, min 65), Gamba, Roberto (Tano, min 50), Adrián, Juan (Folgar, min 55), Chami, Viris, Jairo, Yako, Cachopo, Pepe, Suso (Guillermo, min 41), Martín e Moro.
O equipo vilagarcián manténse terceiro na clasificación. Iso si, recurtando de cinco a dous os puntos que o separan dos colíderes Coreti Lalín e ARV Ourense, 17 por 19 destes dous, máis efectivos á hora de obter bonus.
A Liga de Primeira Nacional para esta fin de semana, para voltar o 23 de novembro coa sexta xornada. Os Ingleses recibirán ese día o Salamanca.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios