«O festival é xa unha referencia dentro da curtametraxe en Galicia e no noroeste»
A MARIÑA
Mr Misto conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e máis xente para facer realidade o soño de OFestivalON, que dirixe Xoán Mariño.
-Antes era On&Off, agora OFestivalON...
-Quixemos darlle unha volta ao nome.
-Estos días de ultimar detalles serán agobiantes.
-Bueno, está chegando material de gravación, quedamos para esta tarde-noite (por onte) para inaugurar, a xente xa quere empezar a gravar... Nos colle revolucionados, pero vai a cousa.
-Parece o Hollywood das curtametraxes.
-Hai un cambio, é curioso. Durante o ano houbo moitas chamadas, xa é unha data marcada do calendario, que intentamos facer coincidir co primeiro fin de semana de agosto, estes días xa hai algo máis en Ribadeo. Son seis anos. Mirando para atrás, xa choveu. Se está consolidado non o sei, pero sería difícil que non seguise en futuras edicións porque xa é unha demanda da xente e incluso dos patrocinadores. Xa é unha referencia dentro da curtametraxe en Galicia pero tamén do noroeste. Está entre os festivais de primeiro nivel. Non é só unha mostra.
-Na sección oficial, ¿como seleccionaron 39 títulos de 500 presentados?
-Nas dúas últimas edicións xa recibimos en torno a iso. É un esforzo de xente voluntariosa que nos últimos meses se pon a ver pelis, buscando a representatividade e potenciar o local, intentando que as galegas e asturianas teñan presenza e compararnos co que hai fóra.
-E tamén se volverán a rodar novas curtas na vila.
-Contactamos con xente que máis ou menos quería vir, para que nos fixera unha proposta. Daí seleccionamos doce grupos. Quizais a parte creativa é o que nos diferencia como evento doutras propostas.