Xusta e triste sentenza para Trabada

La Voz

A MARIÑA

10 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O 21 decembro o xuiz dictou sentenza sobor da pertenza de 43 veciños da parroquia de Trabada á Comunidade de Montes Veciñais. Dita sentenza, ao meu entender, deixa claras, concisas e detalladas as razóns polas que se é comunero; ser veciño da parroquia con vivenda independente desde polo menos un ano e residir nela polo menos oito meses no ultimo ano, e ademais demostralo; polo que aqueles que o demostraron foron admitidos como tales. A sentenza non deixa lugar a dúbidas. Pero é triste que vinte dos 43 comuneiros quedaran fóra inicialmente (ao meu entender igualmente veciños cos outros) que o único que os diferenza é que, reunindo os requisitos, nono demostraron. Isto tamén di do señor letrado dos demandantes que a súa actuación era manifestamente mellorable; tendo probas e non usalas non parece o máis correcto. Máis triste é o comportamento do señor presidente, coma presidente da Comunidade de Montes e máis do señor alcalde, representante de tódolos veciños, ámbolos dous comuneiros. Que teña que decir un xuíz quén é veciño da parroquia de Trabada ou non, non ten nome, ¿non o saben o señor presidente e máis o seu valido señor alcalde?, ¿Tense en Trabada que demostrar se se é veciño? É ridículo, veciños que naceron, se bautizaron, se casaron, enterraron aos seus defuntos, mandaron os fillos ao colexio, etcétera. Ter que presentar recibos da luz, do lixo, a cartilla gandeira, decir con quen se deitan e con quen se relacionan?. para demostrar ser veciño, coma xa dixen, non ten nome. Pode alguén dicir en qué se diferenza coma veciño o señor presidente, o señor alcalde, por exemplo, con Luis do Cebolo, Adolfo do Vilar ou Toño da Pintada, etcétera?, pois en nada, senón que uns son veciños por mandato supremo e os outros teñen que demostralo, de pena.

Señor presidente, coma responsable da Comunidade de Montes; señor alcalde, coma autoridade e representante de todos os veciños, vostedes saben, coma sabemos todos, quen son veciños, paren esta farsa, demostren que teñen un mínimo de sentido, eviten este enfrontamiento veciñal, non miren para outro lado nin culpen aos que piden xustiza. Cumpran a lei e fagan o que saben e teñen facer, que non é outra cousa que admitir o señor presidente, e defender o señor alcalde, a tódolos demandantes excluidos, e a outros vinte veciños máis que, por medo, cobardía ou ignorancia, nin tan sequera reclamaron os seus lexítimos dereitos. Por dignidade non sigan enganando con medias verdades, a peor das mentiras, aos seus veciños e díganlles que toda persoa, si cree que ten dereitos, que pode reclamalos, pero nunca dubidar da vecindade de conveciños que en moitos casos levan tantos anos en Trabada coma vostede señor presidente e máis coma vostede, señor alcalde.

Antonio Oliveros Yanes

. Trabada.