«Queremos que todos se sintan parte do Museo do Mar, do patrimonio»

A MARIÑA

O ente provincial pechou a semana pasada o campamento de arqueoloxía do Museo de San Cibrao, que no verán achega a cultura do mar aos nenos

04 ago 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O Museo Provincial e Lugo, dentro da rede museística da Deputación Provincial de Lugo, pechou a semana pasada o cuarto campamento de arqueoloxía. Na clausura estivo presente o responsable da área de Cultura do órgano provincial Antonio Veiga, pero quedan máis citas a celebrar dentro da programación estival do museo, que en xullo recibiu 1.671 visitas, coma o obradoiro de video-rede para nenos de 8 a 14 anos, os días 11 e 12, e xa en setembro, outra revista oral A voz dos carraos.

-É un verán intenso alí.

-Tamén entregamos os diplomas do obradoiro «Rumbo norte» onde se ensino aos nenos a facer barcos e ir a pescar, e os do campamento de arqueoloxía. A revista A voz dos carraos, que sempre é en setembro, está organizada por Antonio Reigosa, do departamendo de didáctica do Museo de Lugo. O que máis me chamou a atención do campamento foi que houbo máis participació este ano. O de arqueoloxía o levaron entre Enrique Alcorta e Lucía Dequidt e as traballadoras do museo Silvia, Cristina e Amelia, que fixeron un traballo moi bo, pero tamén se corre a voz entre pais e nais, e coindicidiron en que foran amenos os cursos. Son seis as actividades para todo o verán, doblamos as tres do ano pasado e en participación se cubriron todos os obradoiros. A do Museo do Mar é unha oferta moi boa, ademais nun sitio como San Cibrao, eminentemente turístico, ideal para facer actividades no so de lecer senón tamén de coñecemento e aprendizaxe.

-¿Cales son os obxectivos?

-Dar a coñecer parte da nosa historia. Outro tema no que se insistiu como no obradoiro «Son unha peza que entra no museo» é para que todos se sintan parte do museo, se sintan patrimonio. Decía Alcorta que patrimonio somos todos. Son actividades lúdicas e pedagóxicas que encaixan con todas as idades, houbo de 5 ou 6 anos a 12, cando os nenos teñen máis ansia de saber e se poden 'encauzar' ao coñecemento da nosa cultura, do patrimonio, e facelos partícipes para que o defendan, e nunha zona rica en patrimonio como é San Cibrao.

-Involúcranse tamén con outras citas mariñanas.

-Participamos en todos os eventos a través de liñas de axudas abertas ou subvencións directas para algún evento deportivo ou cultural que reúne as condicións para ser seleccionados e a gran maioría van á concorrencia competitiva. O 30% das que reciben cartos da provincia de Lugo son da Mariña. E todas as que a solicitan recien subvencións, salvo un ínfimo porcentaxe que non cumpre cos requisitos.