Cao niega cualquier responsabilidad y dice que la directiva que lidera Coto es la responsable

La Voz

A MARIÑA

08 jul 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

El ex presidente del club náutico de Ribadeo, Gervasio Cao, critica la pérdida de la bandera azul en Porcillán: «É unha magoa porque foi un dos primeiros portos deportivos de Galicia en obter o galardón, xunto co de A Coruña, Vilagarcía e Baiona. O que teño que dicir é que a anterior directiva, que eu presidía, non é responsable en absoluto das deficiencias na solicitude da bandeira azul deste ano. Quen a solicitou foi a actual directiva. Comprendo, e hai que recoñecelo, que é un expediente moi complexo, pero o que está claro é que a documentación que se enviou non foi a correcta, porque as deficiencias que detectaron no 2008 foron corrixidas en cuestión de días, e iso non o acreditou a nova directiva na súa solicitude».

Pero además, Cao sostiene que en las actuales condiciones Porcillán sigue incumpliendo los requisitos para obtener el distintivo: «A varada e limpeza dos barcos na grúa pequena eliminouse o ano pasado, pero agora segue funcionando e iso vulnera os criterios da bandeira azul. Solo ese feito é suficiente para que non lle dean a bandeira, porque non se poden estar lavando os fondos dos barcos nunha zona que non está preparada para elo».

Cao también se pronunció sobre la situación del bar del club náutico, con las obras sin reanudarse y que no abrirá este verano: «Foron paradas a instancias da actual xunta directiva, no momento en que a persoa que tiña a concesión se puxo a facelas adiantando o traballo mentres lle daban os permisos. Despois esta persoa entregou a documentación á xunta directiva para que tramitase ante Portos os permisos correspondentes, e pola documentación que se coñece ese trámite non foi cursado. En tanto o concesionario nunca poderá obter licenza do Concello. Por iso o bar está e seguirá pechado».