A Festa da Marosa segue medrando

La Voz

A MARIÑA

A cita de Burela abriu onte estreando con música de gaita o himno da festa e con Foliada ata o mencer. Hoxe hai folk de luxo, pois recibe a Luar na Lubre

16 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Antes de que a festa propiamente dita comezase, oíanse os primeiros sons de gaita. Pasadas as oito da tarde, os gaiteiros, co instrumento ao lombo, fóronse xuntando na emblemática praia da Marosa para a estrea da peza que foi composta para ser himno da Festa da Marosa por sempre e nun momento máxico do día, ao por do sol. Edelmiro Fernández puxo as notas musicais nesta composición, dedicada á pequena Mariña, a nena de Manolo Maseda que naceu xusto o pasado luns, e que xa tivo a súa primeira homenaxe no ensaio da peza por parte da Banda de Música. El forma parte do equipo de Palestina que preside Tontxo Trelles que fai posible que a Festa da Marosa viva e medre, chegando incluso á edición máis supersticiosa, por iso preferiron chamarlle a edición 12+1.

Hoxe veñan as citas principais: ofertas infantís (12.00, praza da Mariña), música dos Festicultores (13.00, praza da Mariña), o Xantar das Cuadrillas con cocido (14.30, praza de Abastos), baile tradicional con nenos (17.00, arredor da Casa da Cultura) e o gran festival (22.30, praza da Mariña) con Clan Maragato, Luar na Lubre (presentando a nivel galego Ao vivo) e Galegoz. ¡A festa rachada comeza!