Otero Penabad é un dos 200 estudiantes que optan a 50 becas para visitar as mellores universidades europeas
05 feb 2009 . Actualizado a las 02:00 h.A Universidad Francisco de Vitoria, de Madrid, promove as Becas Europa, unha oportunidade para os estudiantes de segundo de Bacharelato de coñecer as mellores universidades europeas. O viveirense Javier Otero Penabad, alumno do IES Vilar Ponte de Viveiro, é un dos tres galegos (e dos 200 de todo o territorio español) seleccionados para a terceira fase do proceso de selección dos 50 beneficiarios desta iniciativa. Otero Penabad xa superou dúas probas; a terceira e decisiva terá lugar entre os días 20 e o 22 de febreiro.
-¿Como empezou isto?
-A iniciativa foi do director (José Luis Pérez Masgoret) do instituto, só se podían presentar tres candidaturas ao programa e díxome se me apetecía. E aceptei.
-¿En que consistiron as probas xa superadas?
-A primeira era a presentación da candidatura, a través de Internet, porque o formulario non era un simple formalismo, senón que incluía preguntas persoais e datos. Deses (uns 5.500 de toda España) escollían a 500 para facerlles unha entrevista.
-¿Como foi a entrevista?
-Fixéronma a mediados de decembro, en Santiago, dous representantes. Máis que nada estaba baseada nas preguntas do formulario, para confirmar que o fixeras ti. E quedamos 200, que temos que acudir a Madrid a fin de semana do 21 de febreiro. De aí sairán os 50 becados.
-¿En que consiste exactamente a beca que recibirán os 50 seleccionados?
-Son tres semanas de viaxe por Europa, coñecendo as principais universidades, a Sorbona, en París; Roma, Heidelberg , Oxford...
-Parece moi interesante.
-Moi interesante, é unha oportunidade que non se presenta todos os días. Pero bueno, hai que ser consciente de que xa está moi ben ter chegado ata aquí.
-¿Que lle dixeron os compañeiros no instituto?
-Felicitacións..., son moi bueniños e educados (ri), sobre todo os mestres (ri).
-Creo que ten un expediente magnífico.
-Tampouco tanto, é bon.
-¿A que lle gustaría adicarse no futuro?
-A miña idea é estudiar Enxeñería Química, anque o estou replantexando...
-¿Decántase pola docencia, pola investigación...?
-A docencia non me acaba de chamar, gustaríame traballar en investigación. Era unha das preguntas do formulario, que carreira pensabamos facer e por que. Gústame a investigación... será un pouco por romper monotonías, porque traballar vou ter que traballar, e polo menos que non sexa todos os días igual, ese é o meu principal interese.