pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.amarina
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

mariñanos en su rincón francisco piñeiro gonzález «Fago experimentos escénicos, busco a retranca e a filosofía popular»

Este mestre vive nunha casa construída por el mesmo e adica parte da súa vida a catro grupos de teatro afeccionado

Autor:
María Cuadrado
Fecha de publicación:

En Reguengo (Mondoñedo) naceu o fillo de Rosalía de Castro; así se coñece no municipio mindoniense á familia da nai do mestre e creador Francisco Piñeiro González. O seu nome estará ligado para sempre á historia do teatro afeccionado da Mariña, da man de grupos como O Bordelo, A Adala, a Agrupación Teatral Francisco Piñeiro e Ardora.

Este mestre de vocación confesa aprender moito dos alumnos de ESO cos que comparte coñecementos, anécdotas e horas de clase. O tempo libre adícao á creación, a preparar obras e a percorrer Galicia, Asturias e outras comunidades para facerlle rir e reflexionar ao público. Reguengo ten un significado especial nas composicións de Francisco, un home que confesa ironicamente que «descubreu a Shakespeare cando foi roubar chourizos (un libro nunha maleta)». Aquilo foi aos dez anos, pero co paso do tempo medrou a súa afección pola literatura. Cursou maxisterio en Lugo para despois marchar a Barcelona e voltar a Celeiro a finais dos setenta.

Ás representacións teatrais cos nenos da escola seguíronlle os primeiros debúts no escenario. O grupo O Bordelo, do que é director e actor, vai camiño dos once anos e leva unhas catrocentas actuacións. Cumprindo coa tradición, o próximo 5 de xaneiro estreará unha nova peza teatral en Sargadelos: «É un regalo que nós lle facemos ao pobo na véspera de Reis».

Francisco Piñeiro fala dos catro grupos teatrais coma se fosen fillos, queridos todos, pero á vez diferentes. Asegura que mentres O Bordelo fai un teatro moi popular, humorístico e de temas actuais, como os malos tratos ou as agresións urbanísticas, A Adala -a punto de cumprir nove anos sobre os escenarios- representa pezas con argumentos máis urbanos, históricos...

Este mindoniense asentado en Cervo perfila as súas creacións, adaptándoas ao público ao que van dirixidas. «Nun mes e medio preparamos unha obra, e despois ímola modificando, personalizando, dependendo do lugar onde a representemos. Chegamos ata tal punto que a xente cando acaba a función nos pregunta 'vós sodes de aquí ¿non?' O que buscamos é conectar co público, iso é o mellor».

Partindo da filosofía de que «o teatro é soñar en grupo», Francisco séntase a crear e aliméntase da retranca e da filosofía popular: «Fago experimentos escénicos; o noso teatro non se axusta a ningún canon». Francisco quere que o público se relaxe nas funcións, se ría e tamén chore. Co paso do tempo sígueo emocionando que a xente lle lembre na rúa algunhas frases que forman parte do guión.

O teatro afeccionado enche as prazas e os auditorios. Para este mestre ten unha soa explicación: «A xente ven ao teatro a relaxarse. Isto é posible porque os actores e as actrices disfrutan co que están facendo. Eu traballo as obras ao revés de todos, primeiro intento coñecer ao actor e despois escribo».

Aos ollos dun dramaturgo autodidacta, sen ningún referente e que segue as ideas de Lope de Vega, é satisfactorio comprobar como medra na comarca o interese do público polas compañías de teatro afeccionado. Tamén, constatar a ilusión dalgúns técnicos de cultura dispostos a descubrirlle ao cidadán o que se cociña na comarca.

Na última década viviu mil anécdotas. Instámolo a que nos conte algunha e non pode evitar recrearse con elas. Sería imposible pedirlle que se esquecera dos comentarios que o público lle fai cando cae o telón. Son o alento para seguir creando, para imaxinar un mundo a un ritmo distinto, unha conciencia reflexiva. A narrativa tamén lle dá satisfaccións «pero non tantas como o teatro». Leva dous anos investigando a figura do Gardarríos e traballando nun libro sobre a historia do teatro afeccionado da Mariña.

 

ENVIAR NOTICIA  

mariñanos en su rincón francisco piñeiro gonzález «Fago experimentos escénicos, busco a retranca e a filosofía popular»

Este mestre vive nunha casa construída por el mesmo e adica parte da súa vida a catro grupos de teatro afeccionado

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Fago experimentos escénicos, busco  a retranca e a filosofía popular»
Francisco Piñeiro posa no xardín da súa casa de Daián, ao pé da fonte que lle axudaron a levantar os fillos
Autor de la imagen: | P. LOSADA

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.amarina
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.amarina
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.