La residencia focense seguirá abierta aunque Mensajeros la deje

La Voz

A MARIÑA

Tras la reunión que mantuvieron ayer acordaron enviar una nota de prensa «tendo presentes as expectativas creadas sobre a viabilidade desta institución benéfica tan arraigada e querida polo pobo de Foz».

Señalan: «Ante as dificultades que está tendo a ONG Edad Dorada-Mensajeros de la Paz para seguir mantendo o seu compromiso de xestión do asilo, ata o día de hoxe non hai nada definitivo sobre a rescisión do contrato coa entidade».

Siguen: «Os membros deste padroado, conscientes das dificultades de tipo económico que se están a dar, e tamén a necesidade de atender aos residentes e as persoas maiores do Concello de Foz e zona de influencia que no futuro queiran ser acollidas nesta residencia, de forma totalmente voluntaria e sen ningún ánimo de lucro, como corresponde á vontade testamentaria dos fundadores, seguirán mantendo o seu compromiso coa Fundación dentro das súas posibilidades. De cara ao futuro este Padroado solicitará a colaboración efectiva do Concello de Foz, que xa o ven facendo e da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, mesmo cedendo ao Consorcio Galego de Servizos Sociais (...) unha parcela para a construcción dun fogar residencial».