«Actualmente estamos a chegar ó máximo no uso das fontes de enerxía»

A MARIÑA

Maite Méndez (Nois-Foz, 1971) traballa na Fundación da Axencia Enerxética da Provincia de A Coruña. Esta fai múltiples actividades como organización de eventos e accións formativas, auditorías, información sobre axudas e subvencións, publicacións relacionadas co uso racional dos recursos, asesoramento tecnolóxico e campañas de sensibilización, impulso das instalacións de empresas de enerxías renovables, entre moitas outras.

-¿Deberiamos preocuparnos máis polo noso futuro ambiental?

-Evidentemente si, temos que pensar que ata o de agora as nosas fontes de enerxía son fundamentalmente renovables, é dicir, teñen un límite. Que se acade antes ou despois ese límite depende do uso que delas faga o home. Actualmente estamos a chegar ó máximo. Por outra banda, estamos estragando o noso entorno.

-¿Que pode facer cada un?

-Cambiar as bombillas por unhas de baixo consumo, apagar as luces sempre que non sexan necesarias, usar sempre que se poida luz natural, encher as lavadoras, usar o lavalouzas cheo, asegurarse de que as billas estén ben pechadas, ducharse no canto de bañarse, poñerlle o testo ás potas, aproveitar o calor residual das vitrocerámicas, non usar secadoras, ó poñer a calefacción manter a temperatura a 19º, separar o lixo, comprar electrodomésticos de clase A, non usar bolsas de plástico na compra, comprar productos a granel e líquidos embotellados en cristal (reciclable)...