Reportaxe | As orixes dun popular topónimo Hai xa dezoito anos, un prestixioso filólogo afirmou que o nome da zona procede dunha árbore e non dun río, unha teoría sorprendente que aínda é pouco coñecida
11 Nov 2005. Actualizado a las 06:00 h.
?epítese a miúdo que a Ribeira Sacra ou Ribeira Sagrada debe o seu nome aos numerosos mosteiros e eremitorios que se construíron desde a alta da Idade Media nas ribeiras do Sil e do Miño. Pero existe unha interpretación radicalmente distinta da orixe desta denominación, hoxe tan popularizada. De acordo con este punto de vista, o nome non ten nada que ver na súa orixe coas ribeiras dos ríos. A forma primitiva desta denominación,