A directiva do A Estrada Fútbol Sala xestiona a fichaxe de dous reforzos para o equipo O América Archi levouse os 3 puntos no seu bronco enfrontamento co Arco Iris (6-4)
19 Mar 2005. Actualizado a las 06:00 h.
Os dous equipos estradenses de fútbol sala en categoría nacional poderán disfrutar a gusto as vacacións da Semana Santa (as competicións paran ata o 2 de abril). Enredo SPL e América Archi solventaron os seus respectivos compromisos con sendas victorias, en ambos casos a costa dun enorme desgaste físico.
O cadro de Primeira Nacional B deu un importante paso cara a permanencia na categoría derrotando a domicilio 3-5 o Gijón Playas, antepenúltimo clasificado.
Un despiste nada máis iniciarse o partido permitíulle o equipo anfitrión adiantarse. Replegado atrás, o Enredo SPL tomou nota e mediada a primeira parte empataba da man de Marcos.
A pouco do descanso Álex adiantou os seus, dándolles unha vantaxe que Marcos ampliaría nos primeiros intres da reanudación.
Con moito en xogo, o Gijón Playas apretou, e no ecuador do segundo período transformou dúas dianas que reestablecían a igualada no electrónico.
Houbo que agardar entón aos dous derradeiros minutos do encontro. Álex, de dobre penalti, encarrilou o triunfo, que Julio certificou a 25 segundos da conclusión nun saque de córner.
Xogaron polo equipo visitante José Antonio, Juáncar, Julio, Jorge e Marcos -quinteto titular- e mais Álex. Miguilla tamén viaxou, pero foi reservado para non forzar a súa recuperación.
Axudado por outros dous resultados, o 5-1 do Benavente ao Santiago e o empate a 3 entre Consega Troula e Bembibre, o Enredo SPL ascendeu tres postos na táboa, situándose sétimo con 33 puntos, cun de vantaxe sobre o Santiago, e dous sobre o Mera, Ponferrada XXI e Avilés Hollywood. Aínda que nos catro casos, cun partido máis xogado polo equipo azulón.
A fin de apuntalar o equipo de cara as derradeiras seis xornadas de Liga, a directiva do A Estrada Fútbol Sala está a xestionar a fichaxe de dous xogadores procedentes do fútbol e con experiencia no fútbol sala. Unha operación que os responsables do club agardan pechar a vindeira semana.