La Voz de Galicia

«As romarías da zona forman parte do patrimonio cultural»

Carballo

mar varela carballo / la voz
Tito Concheiro considera que a Barca é un modelo de romería.

14 Sep 2012. Actualizado a las 07:00 h.

O arqueólogo Tito Concheiro coñece ben as tradicións máis ancestrais da Costa da Morte.

-Nas últimas datas concentráronse moitas romarías na zona.

-Estamos nunhas datas que son unha auténtica apoteose final do verán. As romarías da zona forman parte do patrimonio cultural e son un xeito de relacionarse no mundo da cultura campesiña galega. Galicia mantivo en uso ese riquísimo patrimonio ata hai moi pouco tempo. Na Costa da Morte temos esa auténtica catarse que é a romaría da Barca, que coincide no tempo con outras espectaculares como os Milagres de Caión, a Guadalupe en Rianxo ou Os Milagros de Amil, en Pontevedra.

-Na Barca ten moita importancia a pedra.

-A Barca e, para min, a gran romaría galega. É un modelo onde están todos os factores que identifican e caracterizan o que é un santuario e o seu uso.

-¿Hai ritos ou tradicións propios da Galicia costeira?

-Teñen que ver coa cultura tradicional galega que é campesiña, occidental, de base cristiá, pero con raiceiras moi fondas nas sociedades indoeuropeas romanas e prerromanas.


Comentar