La Voz de Galicia

Nucha e Mucha reaparecen no Festiletras de Ponteceso

Carballo

Juan Ventura Lado Ponteceso / La Voz

O dúo humorístico formado por Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán volven aos escenarios na eira da Fundación Eduardo Pondal

20 May 2012. Actualizado a las 18:04 h.

Os humoristas Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán, despois de una paréntese para sacar adiante outros proxectos profesionais, recuperan esta tarde na carpa de artesanía da Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso ás súas aclamadas Nucha e Mucha, a parexa televisiva que tantos éxitos lle procurou ao longo destes últimos anos.

A actuación comezará as 18.30 horas cua presentación de Isabel Risco e rematará coa actuación musical de Os Terribles das Donas, que están a publicitar o seu novo disco Pedramoura. A entrada, en forma de donativo para a Escola de Verán, ten un prezo de dous euros para os adultos.


Comentar