«Que desapareza un museo etnográfico sería unha perda incalculable neste momento xa non só para Vigo senón para toda Galicia», denuncia Xosé Couñago, especialista en patrimonio etnográfico. «A razón é que o progreso brutal que está a experimentar a sociedade galega dende hai uns cantos anos está levando consigo a desaparición, a unha velocidade xigantesca, de todo o patrimonio etnográfico do rural galego», añade para explicarse. «O rural estase modernizando a unha velocidade astronómica e iso leva consigo a desaparición de todo o que existía no mundo tradicional, polo tanto, cantos máis museos poidese haber en cada un dos concellos galegos mellor», afirma Couñago, que explica las sigularidades de Vigo: «Canto máis Vigo, que ten mar e un rural aínda vivo en algúns casos, e ten un montón de oficios que ata hai pouco se exercía».
XOSÉ COUÑAGO
experto en etnografía