Carlos Solla, premiado no certame poético de Morgadáns

gondomar / la voz

PONTEVEDRA CIUDAD

11 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O xurado do cuarto premio de poesía Victoriano Taibo-Entidade Local de Morgadáns acordou conceder o premio que recae este ano en Carlos Solla, domiciliado en Pontevedra, que presentou a obra Holocausto Zacoe. Carlos Solla naceu en Pontevedra no ano 1971, é profesor de Lingua Galega, escritor e etnógrafo. Membro da asociación cultural e ecoloxista Verbo Xido, da Terra de Montes e do grupo de estudos etnográficos Serpe Bichoca. Ten unha abundante obra ensaística e etnográfica e publicados poemarios.

Alegoría

O xurado valorou a unidade e a elección temática do orixinal. O libro é unha alegoría sobre a situación do idioma e da identidade do pobo galego. A ironía e o humor son os recursos fundamentais para esquivar o desacougo tráxico que os poemas nos relatan, «pois malia o sorriso que conseguen debuxar en nós, non podemos ignorar a realidade negativa dos seus enunciados». Holocausto Zacoe é a demostración de que a poesía é divertimento e mensaxe, un medio para reflexionar e concienciarse da realidade que nós rodea.

O certame de Poesía Victoriano Taibo?Entidade Local de Morgadáns foi creado no ano 2008 dentro de diversas accións levadas a cabo polo Instituto de Estudos Miñoranos, co patrocinio principal, aínda que non único, da Entidade Local.