1 Co Partido Popular é imposible pola súa actitude despótica nestes anos e porque o seu proxecto político é antagónico ao noso.
2 O BNG sempre defendeu un parque arbolado na traseira e un parque soterrado para os vehículos baixo as rúas. O problema pode vir pola construcción dun túnel baixo a rúa Ourense, unha trapallada máis do señor Rocha e o señor Moisés Rodríguez. É importante crear nas rúas do ensanche zonas de esparcimento e lecer para os veciños porque non existen.
3 Por suposto que son dous temas prioritarios para nós. É prioritario para o benestar dos veciños de Tui contar cunha gardería municipal e un centro de día. Polo que se ve, para o PP en moitos anos, isto foi algo secundario. Durante os tempos de bonanza o PP non se acordou de solicitar estes servicios, puxéronos nun caixón e se adicaron a enganar aos veciños. Nos cremos que son prioritarios e, por suposto que tanto o centro de día como a gardería son factibles para nós.
4 Ao noso entender as principais necesidades a a encarar polo próximo goberno local son as políticas de benestar, a promoción do emprego e do comercio municipal e a aprobación do plan especial do conxunto histórico.
bnG