Carpintero recupera nun libro a memoria dos instrumentos tradicionais

La Voz

VIGO

12 feb 2010 . Actualizado a las 11:27 h.

O Conservatorio Profesional de Música de Vigo acolleu onte a presentación do libro de Pablo Carpintero Os instrumentos musicais na tradición galega , un gran traballo de recuperación da historia musical de Galicia que estase a presentar por toda a comunidade xa tratase dun dos logros que forma parte do proxecto Ronsel. Ao longo de 16 anos, Carpintero rescata do olvido 144 instrumentos que aínda que soen a chinés, ainda pódense escoitar nalgún recuncho: Lapeta, vinchas, rin.ran, cantagalos, ferreñas, rabel, palleta, dolio, requinta, chirimía o xipro, son algúns dos obxetos que aparecen documentados na obra

Ronsel xurde da colaboración entre a Consellería de Cultura e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta e as Universidades galegas. As tres guías fundamentais son a realización do inventario son a salvagarda e a posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia.

Iván Area, vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo e director deste proxecto, explica que a catalogación dos instrumentos fora algo pendente e a materialización do traballo veuse acompañado pola boa resposta que acada nas librerías, nas que a primeira edición do libro está a piques de esgotarse.

No acto interviu tamén o internacional gaiteiro vigués Carlos Núñez, que dende novo traballou perto de Antón Corral, un dos maestros na construción de instrumentos tradicionais. A presentación incluiu un concerto didáctico que contou coa participación do autor e músicos do Conservatorio Profesional vigués. O proxecto Ronsel sabe mirar ao futuro, por eso xa levou á rede a iniciativa de pendurar videos en youtube nos que se explica cómo facer instrumentos.