Admite a falta de espazo en Pontevedra e que ten o reto en achegar á cidade de Ourense o campus, co proxecto de Mangano. Sobre os altos soldos da xerencia, di que un salario é custoso «se non é produtivo».
-¿Qué se pode facer para captar alumnado?
-Hai que intensificar son programas de captación de estudantes. Temos que ir alá onde se nos invite, pero tamén temos que ser proactivos, amosar o que facemos. Hai moitas posibilidades en programas de mobilidade internacional de estudantes e profesores. Estamos nunha situación complicada.
-Non hai cartos.
-Por iso é emocionante. E que se fose xestionar así, de tacón... eu prefiro isto. Meu pai dicía que ninguén é imprescindible pero as persoas son importantes.
-¿Teme que a Cabeza e a vostede vos perciban como similares, por afinidade ideolóxica?
-Non creo. Lévome ben con el, pero o seu grupo ten un modelo de universidade diferente. Antes estaban moi alonxados de buscar unha universidade que entendese a diversidade e fabricase un espazo de igualdade real de oportunidades ligado ao principio de mérito e capacidade. Buscaban enrasar e iso leva a non avanzar.
-¿Ten sentido chamarse Alternativa Universitaria despois de doce anos de goberno?
-(Risas). Si, esa é unha boa pregunta.