Xerpo Cultural propón en «Mac...Yes, we can», unha revisión de «Macbeth», pero sobre o circo da política

La Voz

VIGO

Trata de reinterpretar o clásico visto dende unha política típica dunha sociedade moderna.

14 ene 2010 . Actualizado a las 19:59 h.

Teatro Arte Livre cede o seu escenario á Rede Galega de Salas para a representación de Mac...Yes, we can , unha adaptación baseada no Macbeth de William Shakespeare que trata de facer unha revisión do clásico visto dende unha política típica dunha sociedade moderna que xoga co esperpéntico circo da política a gran escala. A montaxe corre a cargo de Xerpo Cultural, unha nova empresa cultural nacida da anterior Asociación Xerpo do Porriño. Os socios teñen xa unha ampla traxectoria de produccions que garanten o seu traballo. Irene Moreira, á cabeza da empresa, directora de escena e directora da Escola Municipal de Teatro do Porriño, xunta a Alex Sobrino, Keka Losada, Nani Matos, Xosé Eirín, Mónica Bar,Lucía Sanchez,Simón Iglesias,Luís Vivanco e Soraya Paradela no reparto.