pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.vigo
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Vigo | Ata o 13 de decembro O Museo Verbum acolle unha mostra que lembra a longa andaina vital de Otero Pedrayo

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:

O museo Verbum inaugurou onte a exposición temporal adicada a Otero Pedrayo, Otero sempre en Trasalba , coa que tentase achegar ao público a memoria do polifacético humanista convertido en vida en símbolo de unidade dos galegos que o fixo merecente do sobrenome de Patriarca das Letras Galegas.

Ao longo dos paneis que integran esta exposición, pódese ver que Otero non só viviu moitos anos, senón que os viviu moi intensamente, falando e escribindo sen descanso, case ata a súa morte. Froito desta longa andaina vital é un triple maxisterio no coñecemento e comprensión no noso medio natural e humano, na reflexión histórica moitas veces exercida a través das biografías de galegos ilustres, e na súa máis coñecida faceta de creador da prosa galega contemporánea. Pero son Ramón, na súa vocación de totalidade, nun tempo no que todo estaba por facer, impulsou as actividades do Grupo Nós, do movemento político galeguista, foi autor de teatro e mesmo poesía, e a expresión da Galicia consciente nas súas viaxes a América. No momento do seu falecemento, en 1976, era considerado unanimemente o patriarca das letras galegas, creador dunha vasta e plural obra literaria e ensaística, e un grande exemplo da resistencia galeguista na longa etapa da ditadura. Home dunha vastísima cultura, Ramón Otero Pedrayo integra, con Risco, Castelao e Losada Diéguez, o denominado Grupo Nós.

Por outra banda, a mostra tren un contido didáctico. Con esta exposición téntase achegar a unha das obras do autor, Contos do Camiño e da Rúa, a través de representacións teatrais pensadas para alumnos e alumnas de ensino medio a cargo da actriz Sabela Galgo Gago. A mostra poderá contemplarse ate o13 de decembro, martes a domingo en horario de 10 a 19 horas. A entrada é gratuíta.

 

ENVIAR NOTICIA  

Vigo | Ata o 13 de decembro O Museo Verbum acolle unha mostra que lembra a longa andaina vital de Otero Pedrayo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.vigo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.vigo
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.vigo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.