Nigrán publica a lista de admitidos no vindeiro curso na galescola e abre o plazo para alegar

La Voz

VIGO

A Concellería de Benestar Social de Nigrán informa que fixeron publicas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos como usuarios na galescola para o curso 2009-20010. Están expostas nos taboleiros da Galescola e do Concello de Nigrán e establecese ata o día 12 de xuño para reclamacións nas dependencias da Galescola.

Unha vez resoltas as posibles reclamacións, disporán de praza na Galescola para o cursos 2009-10 un total de 8 nenos de 0-1 anos, 26 de 1-2 anos e 47 de 2-3 anos.

O número de solicitudes excluídas por falta de prazas será de 33 nenos no grupo de 1-2 anos e de 15 nenos no grupo de 2-3 anos, cifras que poñen en evidencia que o Concello de Nigrán necesitaría unha segunda Galescola, «cousa que non é posible permitirse día de hoxe o Concello de Nigrán dada a súa situación de quebra económica, e mais tendo en conta que a administracións locais teñen que asumir dos seus orzamentos o 30 % dos gastos totais e que se estima nuns 120.000 Euros anuais no caso da de Nigrán», manifiesta Giráldez.

Por outra parte o Tenente Alcalde manifesta o seu desgusto e malestar polo retraso na elaboración do orzamento municipal para inversións que son necesarias realizar urxentemente na Galescola e que non foi posible facer no que vai de ano por non ter cabida dentro do orzamento municipal prorrogado do 2008.