O BNG rexeita a instalación de parques eólicos

La Voz

VIGO

26 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O BNG vén de presentar unha iniciativa no Parlamento, por medio do deputado Bieito Lobeira, na que insta ao Goberno galego que adopte medidas que impidan a instalación de parques eólicos mariños no litoral galego. O Goberno español aprobou o denominado «Estudo Estratéxico Ambiental» do litoral co obxecto de definir as zonas aptas para a instalación de parques eólicos mariños, lembra Xan Lois Lomba.

Segundo este documento, engade, «as zonas do noso litoral, como a costa de Oia até a Guarda ou a costa oriental da comarca da Mariña, resultan aptas para a instalación destas infraestruturas, sendo o resto do litoral galego cualificado como zonas aptas con condicionantes».

As zonas escollidas polo Goberno español coinciden, resalta o BNG con importantes bancos pesqueiros, marisqueiros e percebeiros. «O impacto produtivo e ambiental sería brutal inasumíbel, tamén no tocante á navegación marítima e á súa seguranza», argumenta.