25 feb 2009 . Actualizado a las 21:55 h.
Foi o rexedor que durou máis tempo, co PSOE. Despois saíu do partido.
1
¿Só podo elixir un proxecto fracasado? O AVE, o saneamento da ría, os accesos a Peinador e a ampliación do aeroporto de carga, a reforma do borde do mar, o porto interior.
2
Parque botánico de Valadares.
Iamos facelo, pero deixei a alcaldía e non se fixo. Tampouco me deixaron facer o acuario. E tiña pactado con Fomento unir o primeiro cinturón con Alcalde Portanet por un túnel baixo Castrelos, pero non tiven votos suficientes na corporación.
3
Escandalosamente incumpridora. Antes PP e o PSOE, e agora a Xunta do PSOE e o BNG. Antes non era tanto, pero agora Vigo está mal representada, trabállanse mal os temas.