O PP insta ao alcalde de Gondomar a formalizar o pacto de goberno

La Voz

VIGO

16 nov 2007 . Actualizado a las 11:53 h.

O PP de Gondomar fai, a través do seu voceiro, Carlos Silva, un chamamento ao entendemento entre os partidos «que teñen na súa man» a maioría. Así, Silva asegura que «BNG ten que chegar a un consenso coas formacións que considere oportuno polo ben de Gondomar» e pide ao alcalde Araúxo Quintas que cumpla «dunha vez» coa súa palabra, «xa que na toma de investimento dixo que Gondomar tería pacto».

Carlos Silva lamenta que «a falla de entendemento e a incomunicación entre dous grupos políticos esté a afectar a 14.000 persoas, tólodos veciños de Gondomar», algo que quedou patente no pasado pleno, cando cuestións básicas para o municipio como a gardería ou o consello sectorial para o novo PXOM quedaron bloqueadas pola ausencia dunha maioría plenaria. O Partido Popular pide a Antonio Araúxo que sexa «consecuente e realista coa súa minoría», despois de que o alcalde culpase nos medios aos grupos da oposición do estancamanto e a paralización de Gondomar.

Carlos Silva solicita a Araúxo «coherencia», ao tempo que lle insta a que «non culpe ao resto de partidos da súa inoperancia».