A situación meteorolóxica desta xornada continuará determinada polas altas presións, que se estenden dende o noroeste de Fisterra ata o norte de Europa, e unha baixa no Mediterráneo occidental que deixa un corredor que continuará permitindo a entrada dunha masa de aire polar continental que permanecerá sobre a península Ibérica. Deste xeito, teremos os ceos pouco anubrados, agás no norte de Lugo e A Coruña, onde teremos nubes baixas algo máis compactas que no norte da provincia de Lugo poderían deixar algunha precipitación ocasional, de neve por riba dos 300 metros. As temperaturas estarán sen cambios ou en lixeiro descenso, con xeadas xeneralizadas, fortes nas zonas de montaña, e de novo intensa sensación de frío durante toda a xornada. Os ventos soprarán moderados do nordés, principalmente nas horas diúrnas.
Ceos pouco anubrados, agás no norte de Lugo e A Coruña, onde teremos nubes baixas algo máis compactas que poderían deixar algunha precipitación ocasional no norte da provincia de Lugo, de neve por riba dos 300 metros.
Temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso; xeadas xeneralizadas, fortes nas zonas de montaña, e intensa sensación de frío durante toda a xornada.
Ventos moderados do nordés, principalmente nas horas diúrnas.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 9ºC | 5ºC |
| Fisterra | 9ºC | 4ºC |
| Santiago | 7ºC | 0ºC |
| Monforte | 6ºC | -3ºC |
| Lugo | 5ºC | 0ºC |
| Ribadeo | 8ºC | 6ºC |
| Viveiro | 8ºC | 6ºC |
| Ourense | 8ºC | -4ºC |
| Verín | 7ºC | -9ºC |
| Lalín | 5ºC | -8ºC |
| Pontevedra | 9ºC | 1ºC |
| Vigo | 11ºC | 0ºC |
| Vilagarcía | 9ºC | 3ºC |
| A Coruña | 9ºC | 6ºC |
| Pedrafita | -2ºC | -9ºC |
| O Barco | 6ºC | -8ºC |
| Cuntis | 8ºC | -1ºC | Datos: Meteogalicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia. |
A masa de aire polar continental continuará sobre a nosa Comunidade, pero a partir do mediodía comezará a desprazarse cara ao leste da península Ibérica. O ceo presentará nubes baixas no norte da Coruña e Lugo e intervalos de nubes medias e altas no resto, pouco significativas. As temperaturas mínimas estarán sen cambios ou en lixeiro descenso, polo que as xeadas serán novamente intensas e xeneralizadas, pero as máximas, aínda que continuarán baixas, comezarán a ascender lixeiramente. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.
Nubes baixas no norte da Coruña e Lugo e intervalos de nubes medias e altas no resto, pouco significativas.
Temperaturas mínimas sen cambios ou en lixeiro descenso, polo que as xeadas serán novamente intensas e xeneralizadas, pero as máximas, aínda que continuarán baixas, comezarán a ascender lixeiramente.
Ventos frouxos de compoñente norte.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 10ºC | 2ºC |
| Fisterra | 10ºC | 2ºC |
| Santiago | 8ºC | -1ºC |
| Monforte | 7ºC | -4ºC |
| Lugo | 7ºC | -3ºC |
| Ribadeo | 8ºC | 4ºC |
| Viveiro | 8ºC | 4ºC |
| Ourense | 9ºC | -5ºC |
| Verín | 8ºC | -9ºC |
| Lalín | 6ºC | -7ºC |
| Pontevedra | 11ºC | 0ºC |
| Vigo | 11ºC | 0ºC |
| Vilagarcía | 10ºC | 2ºC |
| A Coruña | 10ºC | 3ºC |
| Pedrafita | 0ºC | -7ºC |
| O Barco | 6ºC | -8ºC |
| Cuntis | 9ºC | -1ºC | Datos: Meteogalicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia. |
Na xornada do domingo Galicia estará baixo a influencia dunha masa de aire non tan fría como as de xornadas anteriores, pero a cambio chegará unha fronte que deixará inestabilidade. Deste xeito, os ceos estarán anubrados, con chuvias que non serán de moita intensidade, e cunha cota de neve que será baixa na madrugada, pero irá subindo rapidamente pola mañá e xa pola tarde estará en torno aos 1400 metros. As temperaturas estarán en ascenso, moderado nas mínimas e lixeiro nas máximas, rexistrándose aínda algunhas xeadas, máis febles que en xornadas anteriores no interior e nas zonas de montaña. Os ventos soprarán moderados do noroeste, con refachos fortes no norte de Lugo e A Coruña durante a mañá.
Ceos anubrados con chuvias que non serán de moita intensidade. A cota de neve será baixa na madrugada, pero irá subindo rapidamente pola mañá e xa pola tarde estará en torno aos 1400 metros.
Temperaturas en ascenso, moderado nas mínimas e lixeiro nas máximas, rexistrándose aínda algunhas xeadas no interior e nas zonas de montaña.
Ventos moderados do noroeste, con refachos fortes no norte de Lugo e A Coruña durante a mañá.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 13ºC | 9ºC |
| Fisterra | 13ºC | 9ºC |
| Santiago | 12ºC | 4ºC |
| Monforte | 10ºC | 1ºC |
| Lugo | 11ºC | 2ºC |
| Ribadeo | 11ºC | 8ºC |
| Viveiro | 11ºC | 8ºC |
| Ourense | 12ºC | 1ºC |
| Verín | 9ºC | -3ºC |
| Lalín | 10ºC | -1ºC |
| Pontevedra | 13ºC | 5ºC |
| Vigo | 13ºC | 4ºC |
| Vilagarcía | 13ºC | 6ºC |
| A Coruña | 14ºC | 9ºC |
| Pedrafita | 4ºC | -2ºC |
| O Barco | 10ºC | -3ºC |
| Cuntis | 12ºC | 5ºC | Datos: Meteogalicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia. |
A semana comezará coas altas presións sobre o Atlántico, ao oeste de Fisterra, que continuarán achegando unha masa de aire húmido cara a Galicia. Isto fará que teñamos intervalos anubrados e chuvascos, máis probables no terzo norte e nas áreas de montaña de Lugo; a cota de neve situarase durante esta xornada en torno aos 1200 metros. As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do noroeste, moderados no litoral e máis frouxos no interior.
Intervalos anubrados con chuvascos, máis probables no terzo norte e nas áreas de montaña de Lugo; a cota de neve situarase durante esta xornada en torno aos 1200 metros.
Temperaturas mínimas en ascenso, máximas sen cambios significativos.
Ventos do noroeste, moderados no litoral e máis frouxos no interior.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 13ºC | 10ºC |
| Fisterra | 13ºC | 9ºC |
| Santiago | 11ºC | 7ºC |
| Monforte | 11ºC | 5ºC |
| Lugo | 11ºC | 6ºC |
| Ribadeo | 10ºC | 9ºC |
| Viveiro | 10ºC | 9ºC |
| Ourense | 13ºC | 7ºC |
| Verín | 11ºC | 2ºC |
| Lalín | 10ºC | 5ºC |
| Pontevedra | 13ºC | 8ºC |
| Vigo | 14ºC | 8ºC |
| Vilagarcía | 13ºC | 8ºC |
| A Coruña | 13ºC | 10ºC |
| Pedrafita | 6ºC | 3ºC |
| O Barco | 11ºC | 4ºC |
| Cuntis | 12ºC | 8ºC | Datos: Meteogalicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia. |