La Voz entrega hoxe a novela «Expediente Artieda», de Luís Rei Núñez

REDACCIÓN A CORUÑA

TELEVISIÓN

O autor retrata neste libro a loita antifranquista na Coruña de finais dos anos cincuenta O heroísmo anónimo dos resistentes da posguerra franquista é o protagonista de «Expediente Artieda», a novela de Luís Rei Núñez que hoxe se entrega na Biblioteca 120 de La Voz. O libro narra a posibilidade que ten un militante antifranquista de cambiar o curso da historia e retrata a cidade da Coruña dos primeiros anos da posguerra e os seus distintos ambientes sociais.

01 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Na Coruña do verán de 1959 chega un militante antifranquista a vingar a morte de varios compañeiros. Pero, nas semanas que deambula pola cidade, atópase cunha oportunidade de cambiar o curso da historia porque ve a posibilidade de atentar contra a vida de Franco, de vacacións no pazo de Meirás. Con esta trama, Luís Rei Núñez constrúe unha novela, Expediente Artieda , premio Xerais 2000, na que retrata a diversos personaxes dunha cidade de posguerra, procedentes de diversos ambientes sociais. Ademais desta faceta narrativa, Luís Rei Núñez é autor de libros de poesía, A rolda invisible (2000) e de viaxes, Imán Fisterra (1995).