Esperanza

Manuel Iglesias Nanín

O CARBALLIÑO

06 ago 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Esquecemos o que somos, quen somos e quen non somos, a nosa esencia, queremos ser outras persoas, ter outras cousas, máis cousas, máis diñeiro, sempre máis, outra vida, incluso negamos, mais sabemos que a opinión dos outros, dos demais, é unha opinión que nos afecta e importa. Non acreditamos no tempo, na constancia, na tenacidade, non acreditamos naquilo que é noso, que forma parte de nós, guste ou non guste. Cremos que valemos máis do que outros son capaces de pagar por nós, mais non sabemos canto máis valemos. Non imos ao encontro do saber, pois non sabemos como saber, ninguén nos ensinou como se aprende a saber. Non temos ese acougo necesario para ir ata o lugar onde se advirte canto se vale. Non temos a serenidade suficiente para acreditar en nós. A incapacidade delátanos en cada aceno que facemos. E polo mesmo camiño que unha e outra vez andamos, pasamos sen decatarnos de que no cruceiro que acabamos de deixar atrás estaba indicado o cruceiro coa palabra esperanza.

Manuel Iglesias Nanín (O Carballiño, 44 anos) es libreiro