Última hora
La Fiscalía archiva la denuncia contra Julio Iglesias por agresión sexual por falta de jurisdicción

Menos opcións para chegar á sociedade

José A. Costoya

SOCIEDAD

19 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Desde que alá polo ano 1999 o doutor Brüstle, da Universidade de Bonn, patenta un método de xeración de células do sistema nervioso a partir de células nai embrionarias, co fin de ser estas utilizadas no tratamento de enfermidades neurodexenerativas, iniciouse un longo litixio legal entre o investigador e Greenpeace, ao considerar que a patente supón unha explotación comercial das células nai embrionarias. Hoxe, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea resolveu que os procedementos de obtención de células nai embrionarias implican a destrución dos mesmos, e polo tanto non serán patentables. A sentenza ten diferentes implicacións na investigación con células nai en Europa, xa que a patentabilidade do froito dunha investigación condiciona a posibilidade de que alguén invista no seu desenvolvemento e chegue a beneficiar á sociedade. Outra consecuencia pode ser a de que certos Estados introduzan na súa lexislación restricións legais que impidan ou dificulten a investigación en células nai embrionarias. Aínda que nos últimos anos, co descubrimento da posibilidade de obter células nai a partires de células do noso organismo, como, por exemplo, unha célula da nosa pel, apareceu unha alternativa ás células nai embrionarias, hoxe sabemos que aínda queda moito por coñecer acerca dos dous tipos celulares, información que podería facilitar o entender e tratar moitas das enfermidades para as que aínda hoxe non temos unha cura eficaz.