O paraíso

Verónica Fraga Parga

SOCIEDAD

Era un día de verán, medio anubado pero soleado, como calquera outro en Galicia. Rosiña saíu da casa, como todos os días a esa hora, dirección ao traballo. Conducía tranquilamente cando, de repente, detivo o coche. Algo ao lonxe chamou a súa atención. Non sabía que era, nin por que se sentía así, pero o seu corazón dicíalle que tiña que ir... Dubidou durante un intre, pero finalmente decidiu aparcar o coche a un lado e poñerse a camiñar. Ía sen rumbo, sen dirección, só seguía o seu instinto, o seu corazón? Despois dun bo anaco camiñando sen rumbo, parouse, era algo sorprendente, xamais podía imaxinar que un lugar así existise? As ondas soaban fortemente ao chocar coas rochas; as árbores chocaban entre si deixando escapar un aroma á menta e resina; a area era branca, como nunca vira? parecía un deserto no medio dunha cidade? un lugar así non podía estar tan preto e que ninguén se decatase? Dende ese día, Rosiña pasa todos os días por alí, antes de ir para o traballo, despois de saír de traballar, en canto ten un momento libre? Tanto é así, que a súa nai anda medio preocupada de en que andará metida a rapaza... Un bo día, Xoán (o pai de Rosiña), atendendo a petición da súa muller, sigue á súa filla cando vai para traballar? Non contaba co que ía ver. Primeiro estrañouse un pouco, pero ao baixar do coche quedou atónito. ¡El, que leva toda a vida vivindo alí e nunca estivera naquel fermoso lugar! Reúnese coa súa filla que, a pesar de estar sorprendida da presenza do seu pai, quedou calada. Despois dun anaco Rosiña pídelle a seu pai que non lle diga a ninguén que existe ese lugar. Que é moi especial para ela? Un ano despois, Rosiña está facendo a maleta, o pobo está repleto de xente, case non podes nin camiñar polas beirarrúas, hai coches por todos lados? e, o máis importante, o lugar tan especial que ela descubriu é agora a atracción do pobo, o que atrae a tanta xente... A mesma xente que non é capaz de valorar o que ten, que están danando un lugar paradisíaco por querer gozar del.