entrevista | luÍs miguel lópez | Director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei
Responsable do traballo de investigación que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei ven facendo coas diversas uvas que ten aprobadas para vinificación, Luís Miguel López, o seu director técnico, considera básica a preservación das variedades galegas para evitar a fraude.
-¿Por que é necesaria a preservación?
-O lóxico é que se a Xunta apostou no seu momento polas variedades autóctonas e non permitiu as foráneas, mire agora por preservalas ante un posible uso fraudulento ou, cando menos, indebido. -As variedades non son de ninguén. -É certo, pero tampouco non se pode facer un uso fraudulento delas. Os viticultores e as adegas galegas fixeron un traballo enorme con esas cepas, e a superficie cultivada con elas fóra de Galicia e moi escasa, só dá para pequenas producións e é normal que o consumidor teña dereito a saber con seguridade que o que está a tomar é godello ou albariño. Aparte de que unha uva, para ser aprobada para vinificación noutra comunidade, ten que se adaptar ás condicións climáticas e edafolóxicas desa autonomía, con estudios serios que o avalen. -¿A que se refire cando fala de uso fraudulento? -Pois a utilizar outras uvas como se foran godello ou albariño para aproveitar os beneficios comerciais do seu nome, pero vendendo despois a un prezo moito mais barato. É un prexuízo para os que levan moitos anos con estas variedades, dende que en Galicia se apostara por elas. -A proposición non de lei busca limitar o uso das cepas autóctonas ás denominacións de orixe. ¿Que lle parece? -Lóxico, porque están sometidas a controles rigorosos e é a maneira de asegurar que o que di a etiqueta é certo. -Pero isto vai impedir que pequenas adegas galegas non adscritas ás denominacións podan etiquetar as súas producións como albariño ou godello. -É certo, tamén as deixaría fóra. Non sei cómo se podería asegurar a trazabilidade para garantir o autenticidade.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios