pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:

La Voz de Galicia  

lavozdegalicia.es
Edicion digital de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | alberto naveira oceanógrafo físico elixido xoven científico do ano pola unión europea de xeociencia «As poboacións costeiras de Galicia terán problemas para conter o mar»

O investigador galego, que marchou a estudar con 17 anos a Inglaterra, cre que de quedar en España non tería as mesmas oportunidades para triunfar

Autor:
R. Romar
Fecha de publicación:

É un experto mundial en circulación oceánica e un dos científicos novos máis destacados do Reino Unido. Con apenas 33 anos, conta con máis de 20 publicacións científicas de relevancia as súas costas e é asiduo de revistas de máximo impacto como Science ou Nature . Doutorado en Oceanografía Física pola Universidade de Liverpool, ven de ser nomeado como Xoven Destacado do Ano pola Unión Europea de Xeociencia. Pero Alberto Naveira Garabato non é británico, é galego, da Coruña.

-Vostede marchou a estudar a Inglaterra con 17 anos. ¿Por que o fixo se Galicia se considera en España como unha potencia en ciencias do mar?

-Por dúas razóns. A primeira, que xeralmente o sistema británico ofrece máis perspectivas para ter unha boa carreira en oceanografía, con máis oportunidades de doutoramento e traballos de investigador con científicos de prestixio. As referencias que tiña do sistema español non eran moi esperanzadoras. A segunda razón era máis sinxela: quería ver mundo.

-E alí fixo carreira e agora é asiduo a revistas científicas de máximo prestixio. ¿Tería as mesmas oportunidades de acadar estes éxitos se quedase en Galicia ou España?

-Un dos aspectos que máis aprecei do sistema británico foi a súa obxectividade e o seu sentido da xustiza. Se tes capacidade científica e boa produtividade, o sistema recompénsache sen atender a politiqueos ou amiguismos. Outro aspecto que valorei moito foi a pouca atención que se presta as xerarquías, o que como científico novo permíteche colaborar con investigadores de moito prestixio de igual a igual se tes ideas orixinais. Polas referencias que teño de amigos ou familiares, sospeito que de ficar en Galicia ou España as miñas oportunidades terían sido bastantes menos.

-Aos oceanógrafos preocúpalles o posible colapso da corrente do Golfo, o que podería levar a Europa a unha nova idade de xeo. ¿É posible que isto ocorra este século?

-Si, que haxa unha ralentización ou colapso da circulación termohalina no vindeiro século é plausible, aínda que non probable. Se iso ocorrese habería un enfriamento rápido de grande parte de Europa, incluída a península Ibérica, posiblemente de proporcións similares a chegada dunha nova idade de xeo. Hoxe isto soa a ciencia-ficción, pero unha ollada o pasado revela que episodios de ralentización da circulación termohalina e enfriamento súpeto do clima europeo teñen ocorrido moitas veces nos últimos centos de miles de anos. Pero, polo de agora, non hai ningunha evidencia concluínte de que esta corrente estea debilitándose.

-Outro posible risco que se di é que o océano, en vez de absorber dióxido de carbono, poida ser un emisor deste gas. ¿É posible que isto ocorra?

-Hai indicios recentes de que está achegando a capacidade máxima de absorción. Isto causa preocupación entre os científicos. O exemplo máis claro está no océano Antártico, que durante milenios fou un receptor de CO2, pero que agora se está a converter nun difusor. A causa desta transformación é un cambio na circulación oceánica causada polo feito de que os ventos da zona antártica só cada vez máis fortes por mor do propio cambio climático. Parece que estamos presenciando un exemplo do efecto bola de neve, no que o cambio climático iniciado pola acción do home se reforza a si mesmo e agrávase.

-Estivo varias veces na Antártida. Aínda que o desxeo non é tan acuciado como no Ártico, ¿existe perigo real de desxeo que poida incrementar o nivel do mar en todo o mundo?

-A Antártida é máis estable que o Ártico, pero coa excepción da península Antártica, ao sur do cabo de Hornos, onde o desexo é tan rápido como no Polo Norte. O quecemento desta zona é un dos máis rápidos de todo o planeta e xa está contribuíndo significativamente a suba do nivel do mar.

-Un estudo feito en Galicia di que a temperatura da auga a unhas 50 millas aumentou case un grao en 40 anos e que o vento do nordés perdeu forza. ¿Que se pode esperar se persiste esta tendencia xa detectada?

-A escaseza do nordés é preocupante, xa que podería acarrear unha perda na produtividade pesqueira e marisqueira.

-En canto á suba do nivel domar. ¿Que lle pode pasar a Galicia cun aumento de medio metro de cara a fin de século, como apunta a tendencia?

-Penso que unha boa parte das poboacións costeiras de Galicia terían problemas serios para conter o mar nos días de temporal, especialmente con certas direccións do vento. Probablemente será necesario crear defensas costeiras ou trasladar a fachada marítima en moitas destas zonas.

-¿Que lle diría aos escépticos que aínda dubidan que o actual cambio climático é o máis acelerado dos que se rexistraron na historia da Terra?

-Que se mire onde se mire, sen prexuízos, a evidencia do rápido cambio climático actual está aí, diante dos nosos ollos. A lista de probas é interminable.

-¿Mantén colaboracións con investigadores galegos?

-Polo de agora pouco, pero espero poder colaborar con algún deles nun futuro próximo.

-Dixo que soñaba con volver a Galicia. ¿Ve isto posible?

-A curto prazo véxoo difícil, xa que seguramente tería que cambiar a miña área de investigación de xeito substancial para voltar. Pero si que vexo complementariedades entre algún dos estudos que se fan desde Galicia e o meu traballo.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | alberto naveira «As poboacións costeiras de Galicia terán problemas para conter o mar»

O investigador galego, que marchou a estudar con 17 anos a Inglaterra, cre que de quedar en España non tería as mesmas oportunidades para triunfar

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«As poboacións costeiras de Galicia terán problemas para conter o mar»
Alberto Naveira é un experto mundial en circulación oceánica
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:ventana:
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:
LVDG_PUBLICIDAD:11:
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd