LVDG_PUBLICIDAD:Position1
LVDG_PUBLICIDAD:x17

La Voz de Galicia  

lavozdegalicia.es
Edicion digital de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

ENTREVISTA |MANEL SOMOZA, ARQUITECTO «Na Cidade da Cultura perdeuse a proporción a todos os niveis»

Somoza recolle nun libro o pensamento de Álvaro Siza sobre arquitectura, na antítese da parafernalia e a espectacularidade

Autor:
Ignacio Carballo
Fecha de publicación:

O arousán Manel Somoza, director da Área de Urbanismo do Concello de Sabadell, colabora con Álvaro Siza desde hai máis de vinte anos. O emblemático edificio do CGAC é un dos moitos froitos dese traballo. As súas conversas sobre arquitectura entre xaneiro e novembro do 2005, no taller que o portugués ten en Porto, alimentan un libro no que Somoza recolle de xeito textual as reflexións de Siza arredor da arquitectura como unha disciplina artística comprometida coa realidade. Álvaro Siza. Conversas no obradoiro é, ademais, a ópera prima da nova editorial galega Verlibros.

-¿Cal é a súa intención ao publicar as conversas con Siza?

-Este libro desmitifica a figura do arquitecto mediático, do arquitecto estrela, e presenta a Álvaro Siza como o creador que é, extremadamente rigoroso e entregado á profesión.

-E situado na antítese do vedettismo na arquitectura.

-Si. A súa actividade vai en dúas direccións. Non perde de vista o contexto social e cultural do lugar e, por outro lado, mantén a enerxía creativa e investigadora, a preocupación por darlle transcendencia ao proxecto, por ir máis aló do obvio.

-¿Cre que iso ten algún custo profesional para el?

-En absoluto. Siza ten moi interiorizada a súa responsabilidade social e cultural.

-¿A espectacularidade é unha enfermidade da arquitectura actual?

-A enfermidade da arquitectura actual é a de non traballar a relación entre o usuario dentro do edificio e a visión exterior que o edificio ten. Hai un conflito entre pensar moito o exterior para reclamar a atención e non no interior para dar resposta ás necesidades do usuario. Se non funciona por dentro, o edificio é un fracaso.

-¿Ata onde chega a responsabilidade do arquitecto?

-Non se pode ser tolerante. Se criticamos aos políticos por esa necesidade de buscar o rendemento inmediato, é imprescindible a participación responsable do arquitecto, que é tan responsable como o político. Peor aínda, pois o político sométese despois ao veredicto das urnas.

-¿Que opinión lle merece o complexo arquitectónico da Cidade da Cultura?

-Desproporción. Desproporción de encargo, de proxecto, económica. Desproporción a todos os niveis. Perdeuse a proporción das cousas.

-¿Como proxecto arquitectónico, a Cidade da Cultura está destinada ao fracaso?

-De momento, non saben que facer con ela. Unha obra de arquitectura ten que ser coherente, desde que nace o proxecto ata que se acaba.

-¿Cre aceptable esta maneira de competir entre cidades?

-A competencia é imprescindible a medio prazo, pero non a curto prazo. A arquitectura é unha expresión artística de efectos duradeiros. En termos musicais, é como comparar unha peza de música clásica e a canción do verán. Unha obra sólida de arquitectura co paso do tempo vai apousando; un exemplo pode ser o CGAC. A posmodernidade de hai vinte anos é hoxe decadente. O tempo pon a arquitectura no seu sitio.

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Na Cidade da Cultura perdeuse a proporción a todos os niveis»
 
LVDG_PUBLICIDAD:Position3
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:x51
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:x32
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:x19
LVDG_PUBLICIDAD:x18
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.